Soutomaior amplía a recollida da materia orgánica
Reactívase a campaña de divulgación do colector marrón para a recollida de fracción orgánica no casco urbano, e ponse en marcha unha nova fase da promoción da compostaxe doméstica para as vivendas illadas con parcela
O Concello de Soutomaior traballa para adaptarse aos novos criterios de xestión de residuos que chegan dende Europa e dende a Xunta de Galicia: "Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso, e para cumprir coa lexislación vixente, é moi importante que reactivemos a campaña de divulgación e información da implantación do colector marrón no casco urbano de Arcade, e que fagamos un novo reparto de composteiros para as vivendas do noso rural. Aquelas familias que voluntariamente queiran colaborar, poderán dirixirse ao stand que estará ubicado nas rúas de Arcade nas vindeiras datas e solicitar a súa alta como colaborador e a chave para abrir o colector."
O colector marrón ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos, e comezouse coa súa instalación na área de Arcade a finais do 2023 polo que, despois de analizar os datos, o Concello decide ampliar agora este servizo. "Queremos ser mais sostibles, e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha chamada á participación das familias de Arcade neste ilusionante e necesario proxecto".
Súmate ao voluntariado marrón!
Así, os veciños poderán dirixirse a carpa de “Ti tes a Chave” que se colocará nas rúas de Arcade, e solicitar información os días 30 e 31 de outubro en horario de 10.30 a 13.30 e de 15.30 a 18.30h. Haberá moitas mais accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses, xa que este é un proxecto que ven para quedarse.
Para poder utilizalo é preciso ter unha chave, a cal se poderá recoller nese mesmo posto informativo, e xunto a ela proporcionarase un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un bo uso do colector.
Na carpa "Ti tes a chave" proporcionarán aos veciños un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un bo uso do colector
Non só serán as vivendas o obxectivo desta campaña, tamén o serán os establecementos que produzan residuo orgánico, tales como bares, restaurantes, froitarías, peixarías, carnizarías…. aos cales se lle realizará unha visita informativa sobre a campaña e se lle tramitará a súa alta como establecemento colaborador no programa.
O Concello de Soutomaior ten previsto iniciar dentro desta campaña actividades dirixidas aos Centros Educativos. O obxectivo principal é o fomento da reciclaxe nas escolas de Soutomaior, cunha serie de accións en horario lectivo, dirixidas principalmente aos nenos e nenas de Educación Primaria.
Solicita gratuitamente un composteiro para a túa vivenda
O Concello de Soutomaior entregará 135 composteiros en vivendas unifamiliares. Se resides nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m2 podes solicitalo gratuitamente, ben chamando ao teléfono do Concello 986 705 106 (ext. 01) ou ben a través dun formulario online que se habilitou na web municipal (www.soutomaior.gal).
O composteiro que se entregará, ten capacidade para 400 litros, debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.
O composteiro debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra
O obxectivo da compostaxe é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente.
Que residuos se deben meter neste colector ou composteiro doméstico?
En canto aos residuos que deben ir neste colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, conchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cocina, restos de plantas, cortizas, e definitiva calquera resto orgánico. Ademais, nos composteiros domésticos poderemos incoporar materia seca procedente da poda de arbores frutais, restos vexeitais en xeral das hortas ou xardíns.
Pola contra, o que nunca debe depostirase nestes colectores é, os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Muere abrasado por las llamas en el interior su vehículo en Redondela
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase