IES de Oroso » Debuxo

Urban Sketch desde
o corazón da ruta inglesa

Ata o director do instituto ‘flipou’ coa obra de Jennifer » “É fundamental vincular o traballo co territorio”

Jennifer Escobar Jaramillo
recolle o premio polo debuxo ‘Camiña’, vencedor na categoría de 3º e 4º da ESO.

Jennifer Escobar Jaramillo
recolle o premio polo debuxo ‘Camiña’, vencedor na categoría de 3º e 4º da ESO. / Marta G. Brea

A invención do tubo de pintura cambiou a historia da arte para sempre ao sacar aos pintores dos seus estudos e permitirlles pintar ao aire libre.

 Ao estilo de Courbet, Monet ou Van Gogh, o mestre de Expresión Artística do IES de Oroso en Sigüeiro (A Coruña), Alejandro Fermández, anima cada curso ao seu alumnado a seguir o exemplo destes pioneiros: saír as rúas e gozar do privilexio de deixarse inspirar polo que ven. 

Máis en concreto e xa de volta no século XXI, proponlles levar sempre con eles un caderno, un boli e unha goma e lanzarse ao que hoxe se coñece como Urban Sketch ou boceto urbano, debuxos creados in situ, ben sexa en interiores ou exteriores, que teñen en común captar o que o debuxante percibe mediante a observación. 

Jennifer Escobar Jaramillo
recolle o premio polo debuxo ‘Camiña’, vencedor na categoría de 3º e 4º da ESO.

Jennifer Escobar Jaramillo
recolle o premio polo debuxo ‘Camiña’, vencedor na categoría de 3º e 4º da ESO. / Marta G. Brea

Alejandro ten clara a importancia de vincular o traballo na aula co territorio máis próximo ao alumnado: “A mellor forma de lograr motivalos é que teñan a sensación de que o que están a facer serve para algo”, conta; e ben coñecida é neste senso a forte vinculación do municipio de Sigüeiro coa vertente inglesa do Camiño de Santiago. 

Deste xeito e xa preto das vacacións de Semana Santa do curso pasado, o certame de Escola en Camiño non puido virlle máis ao pelo: “Estabamos traballando a perspectiva a mano alzada e pedinlles que aproveitasen os días libres para ir polas rutas do camiño de Santiago que temos aquí e pintar con liberdade”. 

Así o fixo Jennifer Escobar Jaramillo, “unha alumna que ten unha habilidade especial para a pintura”, segundo nos di o mestre e non nos quedan dúbidas vendo ‘Camiña’. 

Esta fantástica obra, que nos deleita coa súa estética, ambiente e tratamento da perspectiva, deixou abraiado ao xurado do concurso, pero tamén ao propio director do centro escolar. Segundo nos soprou un paxariño, parece ser que flipou! 

Non é sorpresa que fora elixida como vencedora do máximo galardón na súa categoría do concurso Escola en Camiño. 

Tracking Pixel Contents