Honra a San Miguel a herdanza cultural de Marín
» A festividade de San Miguel manténse dende séculos na localidade como unha das datas máis sinaladas no calendario
“San Miguel é protección, defensa, seguridade. É o arcanxo que viste armadura de xeneral e que loita contra aqueles que queren facernos dano. É o noso escudeiro, o que nos axuda nos momentos difíciles, cando a dor e as malas situacións se achegan onda nós”.
Así fala a alcaldesa de Marín, María Ramallo, do patrón desta Festa de Interese Turístico de Galicia. A festa de San Miguel é unha cita que se celebra dende o século XVII na vila pontevedresa e que destaca pola súa vistosidade e forte valor cultural e tradicional, destacando a unión das dúas insignias de Marín: o mar e a danza.
Actividades e Danza das Espadas
O que comezou onte venres co concerto da Banda de Música de Marín na Alameda continúa o domingo 29, día grande, que comeza coa recepción de autoridades e entrega de Medallas e Distincións, imposición das espadas de ouro e o nomeamento dos novos cofrades.
Finalizados os actos, terá lugar a saída dende o Concello de autoridades, invitados e danzantes cara o Templo Novo.
Ás 12:00 horas se oficiará a misa solemne en honor a San Miguel, seguida ás 12.45 horas da procesión e baile da Danza de Espadas polas rúas de Marín ata o Templo Vello. Ás 13.45 horas terá lugar a queima de madamas na Praza de España e a ofrenda floral ás 14.00 horas na Praza do Reloxo, acto que porá punto e final aos festexos da mañana.
Pola tarde, ás 18.30 horas, celebrarase de novo o baile da Danza de Espadas na Alameda e as 19.00 horas terá lugar unha actuación musical no palco da música.
Así, as fitas de cores brancas, vermellas e azuis presiden a imaxe canónica de Marín mentres espera que chegue o 29 de setembro.
“Falar desta celebración é falar de historia, tradición e, sobre todo, dun compromiso centenario de toda a poboación marinense que cun fervor inesgotable mantén viva esta Festa” exclama o presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez, que non repara en recordar e nomear a todos os que fan posible a festa:o Padroado de Mareantes de San Miguel, o Ateneo Santa Cecilia, as danzantes e os danzantes, os colectivos sociais, o Concello de Marín e a toda a cidadanía marinense.
É precisamente dende o Padroado de Mareantes de San Miguel e da man do seu presidente Celso Méndez Fragua que convidan a que, neste domingo 29 de setembro, os avós, fillos e netos poñan a vestimenta (saia ou pantalón e camisa branca, faxín vermello ou azul e zapatillas), percorran as engalanadas rúas de Marín e participen dos actos programados pola festividade do Arcanxo San Miguel, gozando un ano máis da espectacular Danza de Espadas.
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»
- ¿Cuánto cobra una enfermera según la comunidad en la que trabaje? Hasta mil euros de diferencia y con Galicia a la cola
- Siete albaneses detenidos e intervenidas una narcolancha y una importante cantidad de cocaína en un operativo en Vilanova de Arousa
- Salen a la luz nuevos datos sobre el estado de salud de la hija de Anabel Pantoja: «Un pronóstico serio y grave»
- Una familia de cinco generaciones en Aldán