Os fondos europeos, unha oportunidade estratéxica para o turismo de Ourense
Os plan territoriais deseñados pola Xunta de Galicia ao abeiro da enogastronomía, os cascos históricos e as vilas termais están dinamizando concellos de toda a provincia

O plan ’Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible’ inclúe melloras en infraestruturas e eficiencia enexetica. Na imaxe: Viñedos da Ribeira Sacra en outono. / Brais Lorenzo
O turismo está a vivir un moi bo ano en Galicia. Tanto desde o punto de vista de número de viaxeiros como desde o punto de vista cualitativo. Neste contexto, os fondos europeos Next Generation transferidos a Galicia están a converterse tamén nunha importante oportunidade para encher a oferta turística.
Con eles, a Xunta de Galicia deseñou tres plans cos que se están a poñer en valor os recursos do litoral, a enogastronomía e os cascos históricos e vilas termais de xeito diversificado a través tanto do lanzamento de liñas de axudas para o sector ou profesionais, como con estratexias de sustentabilidade levados a cabo por distintas entidades.
Dous destes plans impactan directamente na provincia de Ourense. A enogastronomía é o aspecto sobre o que pivota un deles, cun orzamento global superior a 34 millóns de euros e no que a Xunta lanzou liñas de axuda para impulsar establecementos gastronómicos con encanto e promover iniciativas turísticas de mobilidade sustentable, entre outras propostas que afondarán na intención de enriquecer a experiencia turística ao redor do viño e a gastronomía galega.
Ao abeiro desta estratexia deseñada por Turismo de Galicia estanse desenvolvendo xa distintos Plans de Sustentabilidade por valor de 4 millóns de euros.

Carballiño conta coa súa propia estratexia para afondar na gastronomía do polbo cun millón de euros. Na imaxe: Elaboración da tapa de polbo máis grande do mundo en O Carballiño. / Brais Lorenzo
Impulso á enogastronomía
Neste senso ‘Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria’ está a impactar nos nove concellos da comarca con medidas destinadas a potenciar a posta en marcha de ferramentas de dixitalización que impulsan a ruta do viño, o turismo industrial ou a súa rede de interese miradoiros en puntos de paisaxístico e patrimonial.
A súa folla de ruta permite, por exemplo, impulsar a potencialidade como destino de observación do firmamento vencellado á cultura vitivinícola da comarca, reforzar a promoción do Camiño de Inverno, implementar medidas de dixitalización que permitan reforzar o destino, fomentar a súa riqueza natural como recurso turístico e mesmo medidas de mobilidade sostible entre concellos, entre outras.
Os concellos do Ribeiro e O Carballiño Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda, Pontedeva tamén están levando a outro Plan de Sostibilidade Turística de xeito conxunto para poñer en valor o seu potencial enoturístico.
E, de xeito individual, a vila de O Carballiño ten a súa propia estratexia para afondar na gastronomía do polbo cun millón de euros con distintas medidas para dinamizar o concello a través das melloras en sendas turísticas, iluminación de patrimonio relixioso ou rexeneración natural dos parques, entre outras propostas que inclúen tamén a visibilización da actividade de polbeiras.

A provincia ten gran protagonismo no marco do Plan Territorial de Vilas Termais e Cascos Históricos. Na imaxe: Apertura das termas Muíño da Veiga en Ourense. / A. Pérez
Plan Territorial de Vilas Termais e Cascos Históricos
No marco do Plan Territorial de Vilas Termais e Cascos Históricos, pola súa banda, a provincia tamén ten gran protagonismo. Co plan de sostibilidade turística, Ourense colle velocidade e, entre as accións inicialmente inseridas, inclúese a adecuación de sendeiros termais, melloras de sendas peonís, plan de sinalización intelixente e accesible en cascos históricos ou un plan para mellora de equipamentos públicos para usos turísticos.
Ademais, ‘Allariz Destino Sostible’ permitirá levar a cabo actuacións que impulsen o turismo sostible no concello ourensán, con medidas como a rexeneración natural do corredor verde ao redor do río Arnoia no seu trazado municipal, a mellora do entorno e A recuperación ambiental do manancial de augas mineiro medicinais de Santán, melloras de eficiencia enerxética no Museo do Xoguete ou unha rede de puntos de carga para vehículos eléctricos.
Tamén se prevé a sinalización intelixente e incorporación de paneis informativos en equipamentos turísticos, unha estratexia de transformación dixital en sectores de aloxamento, restauración, artesanía e comercio ou a creación de produto turístico gastronómico baseado no produto local.
Finalmente, ‘Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible’, pola súa banda, impacta en Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río Sober, Taboada e Xunqueira de Espadañedo e contempla melloras nos aparcamentos, posta en marcha de servizos lanzadeira, adaptación de Infraestruturas, puntos de observación astronómicos ou rutas de mobilidade sostible para visitantes. Tamén se prevé a mellora da eficiencia enerxética en recursos turísticos e desenvolvemento de novos produtos.
Monterrei, protagonista do Plan Xacobeo Next Generation
A estas propostas súmanse as que están incluídas no Plan Xacobeo Next Generation, neste caso centradas no Camiño de Santiago.
A Xunta de Galicia lanzou axudas para a rehabilitación sostible de emprazamentos senlleiros da ruta xacobea para convertelos en establecementos turísticos.
Ao abeiro do Plan Xacobeo Next Generation tamén se está a sinalizar a rede cicloturística Eurovelo e se realizaron melloras en portos vinculados coa ruta Traslatio.
Está previsto, ademais, deseñar unha ferramenta de dixitalización dos Camiños de Santiago e está en marcha a rehabilitación de distintos BIC situados no Camiño de Santiago. Un dos proxectos máis ambiciosos neste sentido é o de Monterrei por 14 millóns de euros.
Ao abeiro destas accións realízanse obras de rehabilitación para recuperar algúns dos edificios da Fortaleza e tamén pór en valor os espazos con usos turísticos. En concreto, e tras realizar un estudo minucioso que avaliase a situación actual das edificacións e vías de acceso, o proxecto incluirá a recuperación dos edificios do Cuartel de Infantería, o antigo Concello e o Colexio de San Xoán.
Tamén se realizarán actuacións adicionais na Praza do Mercado e na de Armas para pór en valor os seus usos turísticos, incluíndo a ampliación da capacidade de aloxamento do actual Parador. Asimesmo, buscarase a recuperación do espazo público e dotación de servizos ao complexo (saneamento, abastecemento, electricidade, telecomunicacións, alumeado público…).
A intervención ten lugar en espazos públicos de titularidade autonómica con actuacións en máis de 20.000 metros cadrados, tanto de edificacións coma de espazo público afectado, para “transformar este conxunto histórico único e facer de Monterrei un gran polo de atracción do sector turístico e cultural, dotándoo de diferentes usos, principalmente turísticos, de cara aos próximos anos”.
Trátanse, todas elas, de actuacións que buscan estimular o desenvolvemento económico, a conservación do patrimonio natural e cultural, e a promoción dun turismo cada vez máis sustentable e respectuoso.
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- Galicia pierde casi dos décimas en la primera PAU más competencial y su alumnado se estanca en el furgón de cola
- El pesquero gallego «Pepe Barreiro» queda encallado tras un incidente subiendo a la grada del astillero J. M. Armada
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
- Wizz Air, la aerolínea que reina en Europa del Este y elige Vigo para estrenarse en Galicia: éste sería el coste de la ruta a Londres
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración