Este verán, lambemos os dedos e mollamos pan

Os chourizos Montiño protagonizan as barbacoas de San Xoán

» Criollos e parrilleiros son os favoritos dos galegos

As parrilladas, con bo produto galego, son a estrela desta festa tan máxica.

As parrilladas, con bo produto galego, son a estrela desta festa tan máxica. / MONTIÑO

A noite de San Xoán e unha celebración máxica chea de soños e de desexos, onde as fogueiras se converten en momentos para compartir coa familia e amigos, para imaxinar, saltar, deixar atrás o malo e acoller só as cousas boas. E nese momento o lume non serve só para queimar pensamentos inmateriais, senón que se pode convertir nunha barbacoa coa que preparar todo de tipo de aperitivos para pasar a noite máis corta do ano.

Aí é onde atopamos os produtos Montiño, os protagonistas na elección de sabores. E é que, onde normalmente reinaba a sardiña, o chourizo comeza a convertirse no favorito de todos. Ao fin e ao cabo, onde hai unha festa sen choripan? E sobre todo, que galego que se precie non aproveita cada cita para desfrutar da comida xunto a familia, amigos e veciños? 

Montiño é unha marca arraigada na tradición galega, comprometida coa elaboración de productos auténticos, elaborados altersanalmente e cheos de sabor.

Así, os seus criollos e chourizos parrilleiros con carne de porco de primeira calidade son os protagonmistas indiscutibles das fogueiras de San Xoán.

Un gustazo de verán: mollar pan

Hai que non quere soltar o pan con sardiñas, pero está claro que agora ten unha forte competencia: un aroma e sabor únicos que fan deste chourizo un manxar exquisito para tomar na praia e na cidade, que evoca ademais o máis tradicional da cociña galega. “Cada bocado é unha viaxe aos sabores da terra, un recordatorio da importancia dos produtos locais e a elaboración artesanal” explican desde Montiño, a empresa fundada en 1978 no valle do Salnés.

E é que en reunións familiares, festas veciñais e todos os momentos de celebración, os produtos Montiño sempre están aí, funcionando como o complemento perfecto. Versátiles e cun sabor intenso a Galicia, buscan axudarte a disfrutar de cada momento.

Quen non quere pasar o seu San Xoán preparando unha barbacoa? Dende Montiño sinalan aos seus chourizos criollos e parrilleiros coma os máis escollidos estas datas: “Queremos darlle unha volta a ese refrán popular. É tempo de que polo San Xoán o chourizo (e non a sardiña) molle o pan!.

E é que se algo caracteriza o San Xoán son as súas lendas e tradicións, igual que sucede co chourizo, cunha historia propia en cada casa: dende a receita segreda coas especias da avoa ata as competicións amistosas para ver quen ten mellor manexo da barbacoa e a parrilla. O chourizo é moito máis que unha comida, é signo de galeguidade.

Así que, nestas festas de San Xoán non esquezas disfrutar dun bo chourizo de Montiño. Con cada bocado estarás saboreando un anaco de tradición e unindo a túa historia a de tantos outros que celebran esta nmoite máxica co corazón cheo (e o bandullo contento!).

Naturalmente galego

Non só falamos de elaboración de produto 100% galego, como lacón, cacheira e panceta,tamén da súa distribución, que converte a Montiño nunha empresa adicada case exclusivamente ao mercado local, cubrindo todos os canais de distribución e alcanzando tamén outras zonas de España e Europa.