A Estrada dá o pistoletazo de saída ao San Paio 2024

A programación oficial comeza o martes 25 e prolóngase ata o sábado 29

» O domingo 30, día do neno coas atraccións a metade de prezo

Festas de San Paio

Festas de San Paio / FARO

M. González

San Paio 2024 dá o pistoletazo de saída. Tras deleitarnos cun saboroso e exitoso Salmón e brindar coa Sidra a principios de xuño, chegan as festas patronais á capital estradense, e fano cunha programación chea de actividades para todos os públicos, nos que a música, a cultura e o deporte serán os grandes protagonistas ao longo de máis dunha semana.

Se ben os actos oficiais da celebración se congregan entre o martes 25 e o sábado 29, tamén haberá actividades na xornada de hoxe (coa recuperación da Nocturna e o acendido do alumeado). O domingo 30 tamén terá lugar o Día do Neno, coas atraccións para a cativada a metade de prezo, e a actuación da Banda Municipal da Estrada “A Rapa das Bestas”, na Praza do Concello.

Salmón, Sidra, San Paio e Rapa das Bestas. A Estrada convértese entre os meses de maio e xullo en visita obrigada.

Lito Garrido, líder de la orquesta Panorama

Lito Garrido, líder de la orquesta Panorama / A. HERNÁNDEZ

Lito Garrido e César Romero, pregoeiros

Panorama e Cinema, ou o que é o mesmo, Lito Garrido e César Romero. As cabezas visibles de dúas das orquestras máis importantes e con maior número de seguidores de Galicia, serán os pregoeiros das Festas de San Paio 2024 na Estrada. Será o martes 25, a partir das 12.30 horas, cando os dous artistas den lectura a un pregón no que, de seguro, non faltará o humor e tampouco as alusións á importancia das orquestras nas celebracións das festas na nosa comunidade.

O 29, noite de ruada

A comisón de festas non quixo perder a ocasión de apostar por un cartel no que a música e o baile tradicional tamén sexán protagonistas. Así, o sábado 29, a partir das 22.30 horas, terá lugar “De ruada na Estrada”, un espectáculo dunha hora de duración no que preto dun cento de persoas se subirán ao escenario, entre músicos e bailadores das tres formacións participantes: Tequexetéldere (A Estrada) Donaire (A Coruña), e Cántigas e Frores (Lugo).

Festas de San Paio

Festas de San Paio / FARO

As sesións vermú, entre as novidades

Entre as principais novidades do programa deste ano están as sesións vermú que se celebrarán en distintos barrios da localidade. O que se pretende, é achegar a festa a cada recuncho da Estrada, e dinamizar así a hostalería. Haebrá actuacións no párking do Invictus, sito na Avenida de Santiago, no párking do Froiz na Avenida de Benito Vigo, na rúa Muíño, e na rúa Antón Losada., entre outras. Deste xeito, a música e a diversión está asegurada por toda a vila ao longo dos cinco días de festa que duran as patronais na capital estradense.