Un doce paraíso no centro da Estrada

Xeados artesáns de Pastelería Mimela.

Xeados artesáns de Pastelería Mimela. / Cedida

M. González

É facil caer na tentación... Coa chegada do bo tempo, os xeados artesáns de Pastelería Mimela convértense nun dos seus produtos estrela. Cunha infinidade de sabores, elaborados de xeito totalmente artesán e con produtos de cercanía, o difícil será escoller cal queremos probar!

Outra aposta de Mimela para os meses de verán son os trampantollos: como a cenoira, con crema de limón de Cora con pementa sichuán e crema de chocolate branco torrado, biscoito de avelás de Piamonte, mousse escumosa de limón feminello de Siracusa i.x.p, con tequila repousado, area (crumble de chocolate) con cenoira rechea de mousse de tequila; ou o limón, feito a base de crumble de améndoas, crema de limón e pementa timut, mousse escumosa de limón feminello i.x.p. Siracusa, mermelada de limón feminello, e pepitas de chocolate. Estas e outras están dispoñibles todos os domingos e tamén por encomenda calquera outro dia.

Bolaría artesán, as tellas de San Paio, mimeliñas, pastas, tartas e todo dipo de doces, completan a oferta de Mimela, un clásico das sobremesas nas Festas de San Paio.