IES Chan do Monte: A internacionalización a todos os niveis: unha aposta de futuro

Cunha ampla oferta formativa e comprometidos coa dimensión internacional

Alumnos da ESO na mobilidade  Erasmus 2023-1-ES01-KA121-SCH-00011828 na escola Osnovna šola Brežice dynamike (Eslovenia).

Alumnos da ESO na mobilidade Erasmus 2023-1-ES01-KA121-SCH-00011828 na escola Osnovna šola Brežice dynamike (Eslovenia). / Cedida

Co fomento do traballo en equipo, a innovación e a mirada posta no presente e futuro do seu alumnado como grandes sinais de identidade, o IES Chan do Monte de Marín imparte unha ampla oferta formativa que inclúe ESO e Bacharelato, cos itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía. 

Referentes en FP

Pero ademais, o IES Chan do Monte destaca coma un referente da Formación Profesional na comarca, un itinerario cada vez máis demandado tanto por estudantes como empresas pola súa dimensión práctica, o que garante altas tasas de emprego entre o alumnado incluso antes de rematar os seus estudos.

Deste xeito, o instituto oferta os ciclos de:

- FP Básica de Informática de Oficina e de Mantemento de Vivendas 

- Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior das familias de:

- Administración e Xestión

- Comercio e Marketing

- Informática e Comunicacións, Instalación e Vivenda

Internacionalización

A aposta pola dimensión internacional e os idiomas é outra das liñas que definen a oferta educativa do IES Chan do Monte de Marín, que conta cunha dilatada traxectoria na xestión de mobilidades internacionais Erasmus tanto para estudantes coma para profesorado. 

Os estudantes participan no proxecto Erasmus para a realización das súas prácticas FCT (Formación en Centros de Traballo) ou ben coma alumnos egresados (xa titulados). Ao longo destes cursos algúns dos destinos foron Irlanda, Italia, Portugal ou Grecia. 

Pola súa banda o profesorado tamén realiza visitas de observación e cursos de formación en destinos de Italia, Portugal, Austria, Montenegro...

Novas modalidades Erasmus

A calidade na execución dos proxectos Erasmus xa desenvolvidos, en anos anteriores posibilitou que o centro estea acreditado para a realización de calquera tipo de proxecto de mobilidade en calquera dos niveis educativos existentes.

Por este motivo, dende hai dous anos e no presente e mais nos futuros cursos, o centro ampliará as mobilidades Erasmus a actividades de intercambio e visitas didácticas de unha semana de duración a outros paises europeos para alumnos e alumnas da ESO.

Estas novas actividades Erasmus posibilitarán un mellor coñecemento das ensinanzas escolares nos restantes países da Unión Europea, a práctica doutros idiomas e o coñecemento do seu patrimonio cultural.

Homenaxeados na ABAU

Dous dos seus alumnos de 2ºBacharelato acaban de ser invitados a un acto de homenaxe aos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024. Será nun acto conxunto as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional. Este ano a organización correspóndelle á Universidade da Coruña (UDC). O acto contará coa presenza das máximas autoridades académicas e políticas, e os alumnos homenaxeados son Martin Freire Gonzalez e Claudia Parada Rivas. Noraboa!