Colexio Eduardo Pondal: Comprometidos co pensamento crítico, a educación e a igualdade

O esforzo, a constancia e a resiliencia xa forman parte do ADN do centro

Alumnas de infantil disfrutando das  Semana da Ciencia.

Alumnas de infantil disfrutando das Semana da Ciencia. / Cedida

O curso 2023-24 chega á súa fin e, no Colexio Eduardo Pondal, o mes de xuño preséntase inmerso na Semana Cultural do centro, con boa parte do alumnado que disfrutando da experiencia de vivir unha semana enteira centrada nas actividades de tipo 3 do Modelo de Enriquecemento Escolar SEM de Joseph Renzulli, cuxo obxectivo principal é conseguir que o alumnado desenvolva produtos ou servizos dirixidos á solución de problemas do mundo real que máis tarde presentarán perante unha audiencia non familiar.

Cunha semana adicada ás linguas, o teatro, o deporte e a música, queren conseguir un pensamento crítico, a estimulación dunha boa capacidade metacognitiva e unha rica e variada aprendizaxe das oito competencias clave da presente Lei educativa LOMLOE.

A Semana Cultural do centro permítelles pechar o círculo de aprendizaxe e dar por ben concluídos moitos procesos intelectuais e emocionais que parten de entendermos a educación como un percorrido que permita:

- Pararse a repensar os hábitos.

- Atender ao noso mundo emocional.

- Coidar de nós mesmos e dos que nos rodean.

- Contribuír a unha sociedade de paz.

- Respectar os ritmos de cada persoa sen xulgar nin competir.

- Entender a equivocación e o erro como unha oportunidade para a vida, facendo especial insistencia na frustración como parte da aprendizaxe.

- Tomar consciencia da nosa propia realidade.

- Ser conscientes da importancia da nosa contorna natural e afectiva.

- Ser laboratorio de ideas, que continuamente se está a repensar.  

- Comprometerse coa equidade, a igualdade, a sustentabilidade, a cidadanía, a democracia e os dereitos humanos.

Por todo isto, no Colexio Eduardo Pondal apostan por ter máis espazos de comunicación e expresión no seu centro educativo e a Semana Cultural é un deles. Non é vano é o momento no que eclosiona gran parte do traballado ao longo do curso, onde se manifestan os talentos, a creatividade, onde o alumno ou alumna son os protagonistas.

A Semana da Ciencia e a Semana Cultural.

A Semana da Ciencia e a Semana Cultural. / Cedida

Dende oratoria ata ioga: SEM

Dentro das diferentes aprendizaxes que fomentan dende o Colexio Eduardo Pondal atopamos o SEM (Schoolwide Enrichment Model), Módulos de Enriquecemento Escolar que buscan o desenvolvemento de produtos ou servizos dirixidos a solucionar problemas do mundo real.

Desta forma promóvese o desenvolvemento do pensamento crítico, a estimulación da capacidade metacognitiva e a aprendizaxe de habilidades. Lévanse a cabo no horario lectivo e e están abertos a diferentes idades, de participación libre e baseados nos intereses de cada alumno ou alumna.

A Semana Cultural é un dos espazos do centro para apostar pola comunicación e a expresión

En infantil contamos con módulos de Cociña/Horta, Biblio/Lingua de Signos e Steam, experimentos e robótica, polos que pasará de xeito trimestral todo o alumnado, así coma actividades de expresión corporal e musical, taekwondo ou xogos populares.

En Primaria e ESO a oferta amplíase contando con máis de 20 actividades diferentes nas que o alumnado pode elixir segundo os seus intereses dende actividades steam (Robótica, Laboratorio de científicos, Desenvolve a túa mente, Artellando, Horta...) ata as de expresión artística (coro, teatro, reciclaxe, baile...) pasando por oratoria, radio, tecidos, cociña...

Falamos de xogos, de comunicación, de natureza... sen esquecer que o primeiro referente nesta etapa son as familias. Queren que o sea colexio sexa un segundo fogar, pero iso sería imposible sen a súa presenza... E do mesmo xeito que os irmás maiores enriquecen a vida dos e das pequenas, o seus pequenos conviven co alumnado de etapas superiores, que o acompaña, o coida e axuda.