As Barxas: Implicación e creatividade no único centro da comarca que ofrece o Bacharelato Xeral

O instituto suma a polivalencia do itinerario da LOMLOE a súa tradición artística

O centro aposta por unha formación actualizada coa participación en numerosos proxectos tecnolóxicos, entre os que non falta a Realidade Virtual, ademais do equipamento e a ampla formación do profesorado nos Polos Creativos

O centro aposta por unha formación actualizada coa participación en numerosos proxectos tecnolóxicos, entre os que non falta a Realidade Virtual, ademais do equipamento e a ampla formación do profesorado nos Polos Creativos / Cedida.

No IES As Barxas levan anos promovendo a adquisición de competencias e coñecementos científicos e humanísticos entre o alumnado, apostando polo fomento de capacidades como o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade ou a capacidade analítica.

Sen descartar a coñecida tradición artística e creativa do centro, destaca tamén a polivalencia do novo Bacharelato Xeral, recollido na nova Lei de Educación (LOMLOE), que permite ao alumnado deseñar o seu itinerario académico cursando materias humanísticas e científicas e que o IES As Barxas ofrece en exclusiva dentro da comarca do Morrazo dende hai dous cursos.

A dinámica académica e creativa do centro tenlle valido grandes galardóns do talle de SIMO ou Educabarrié

Ademais, contan tamén coas Ensinanzas de réxime especial, sendo o IES As Barxas un dos poucos centros de Galicia onde se pode cursar a formación en Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Atletismo.

Referentes en innovación, con numerosos premios

No centro contan con varias liñas de innovación, nas que traballan as competencias STEAM (Ciencias, Matemáticas, Tecnoloxía e Artes). 

Para isto contan co Club de Ciencias e os seus proxectos de Fototrampeo; o STEMBACH como medio para acadar a excelencia educativa no Bacharelato con dúas liñas de investigación (Física e Química e Matemáticas); o seu Club Audiovisual e a creación de curtas e animacións; o Club de Escritura e a redacción da súa revista; o equipamento e ampla formación do profesorado nos Polos creativos (impresión en 3D, realidade virtual, radio, cortadora láser, obradoiros E-téxtil...); o grupo de Igualdade Incómodxs e Rebeldes; o equipo de Normalización Lingüística; o equipo da Biblioteca coa súa inclusión nas Bibliotecas solidarias auxiliares e no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares; o Club de Manga e a súa participación na COMICON e EXPOTAKU; o Club de Teatro; o recén incorporado Club de Artes e moito máis.

O centro aposta por unha formación actualizada coa participación en numerososproxectos tecnolóxicos, entre os que non falta a Realidade Virtual, ademais do equipamento e a ampla formación do profesorado nos Polos Creativos.

O centro aposta por unha formación actualizada coa participación en numerososproxectos tecnolóxicos, entre os que non falta a Realidade Virtual, ademais do equipamento e a ampla formación do profesorado nos Polos Creativos. / Cedida

E como novidade, dende este curso contan tamén co intercambio con Francia, organizado polo departamento de Francés a través do Programa EduExchanges, que tivo excelentes resultados.

A partir de toda esta voráxine académica e creativa obtiveron ao longo da súa traxectoria numerosos premios

- GSD INNOVA

- EDUCAIXA

- EDUCABARRIÉ

- SIMO

- CREARTE

- PROYECTA INNOVACIÓN

- JÓVENES EMPRENDEDORES

 - OLLOBOI

- PREMIO TELEFÓNICA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

No Ies As Barxas levan anos demostrando unha gran implicación en innovación educativa, de aí que o centro teña implantados distintos programas educativos, coma o Edixgal, Seccións Bilingües, Auxiliar de conversa, Biblioteca Escolar, Plan Proxecta, todas as liñas dos Contratos Programa, Mediación escolar... 

Mellora de aprendizaxe e talento, como liñas prioritarias

Dende o centro consideran que as liñas de traballo prioritarias deben orientarse cara á mellora da aprendizaxe, á detección e desenvolvemento dos talentos do alumnado, á atención á diversidade (programas de reforzo na aula, Diversificación Curricular), á promoción da igualdade, á promoción das competencias STEAM, ao uso das TICs e á mellora da competencia socioemocional e da convivencia.