Qué hacer el fin de semana

O Baixo Miño celebra a súa Feira de Cultivos

» As novas tendencias en sostibilidade e agroecoloxía centrarán charlas e obradoiros a cargo de investigadores da UVigo » Con música e foodtrucks

A Feira de Cultivos volverá contar este ano co seu Mercado de Primavera,  no que produtores e artesáns ofertarán os seus produtos.

A Feira de Cultivos volverá contar este ano co seu Mercado de Primavera, no que produtores e artesáns ofertarán os seus produtos. / Faro

A Feira de Cultivos do Baixo Miño prepárase para ofrecer ao público esta fin de semana un evento renovado no que gozar dunha morea de actividades de lecer no que a sostibilidade e a aposta por un sector agro verde e sustentable serán as grandes protagonistas. 

Organizada pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño, a feira celebrarase esta fin de semana na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián mantendo súa aposta polo formato ao aire libre e por tres días de encontro desfrutando do espazo público ao aire libre e levando as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e subministros á rúa.

Un evento que contará cun amplo programa de actividades de balde e abertas a todos os públicos no que non faltarán a música en directo, os obradoiros, as charlas e as food trucks

Deste xeito e xunto á zona de expositores na que o público poderá coñecer ás diferentes empresas relacionadas co sector e o traballo que desenvolven, a Feira de Cultivos volverá contar este ano co seu Mercado de Primavera

A zona contará coa presenza de produtores e produtoras, artesáns e artesás e comerciantes que abrirán as súas portas o venres pola tarde; e sábado e domingo durante todo o día para ofrecer ao público os seus produtos. 

Entre a morea de actividades de lecer programadas tampouco faltarán as propostas gastronómicas.

Entre a morea de actividades de lecer programadas tampouco faltarán as propostas gastronómicas. / Faro

Unha oportunidade única coas últimas tendencias

Na súa décimo novena edición a Feira de Cultivos do Baixo Miño mergullará ao público tamén nas últimas tendencia en sostibilidade e agroecoloxía da man de investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo

Así, na xornada de apertura da feira, Nuria Pedrol afondará sobre a renaturalización da agricultura con novos fitosanitarios de base biolóxica; Pedro Pablo Gallego, sobre a agricultura ecolóxica; e Xabier Simón descubrirá ao público as comunidades enerxéticas, unha oportunidade para o rural. 

Xa o sábado, Adela Sánchez Moreiras falará sobre o manexo ecolóxico para o control de malas herbas sen uso de herbicidas e, o domingo, completarán o programa de charlas Rafael Carrera de Coxapo para falar da implantación da nova normativa de control dixital dos aproveitamentos de auga e Marc Capilla, CEO de Fliwer, que explicará ao público como se aplica a intelixencia artificial ao sector dos cultivos.

Música en directo

Pero será tamén unha feira con moito ritmo e cinco concertos de música en directo. O venres pola noite Skarajazz Quartet porá banda sonora ao arranque da feira, mentres que o sábado haberá sesión vermú con Two in the Mirror e gran concerto pola noite con La Patrulla. O domingo a sesión vermú correrá a cargo de Awen e o concerto de SomozaTrío porá punto e final a tres días de festa.

Para os amantes da gastronomía…

Para as e os amantes da gastronomía, o sábado ás 12.30 horas poderán desfrutar dun novo showcooking con Toñi Vicente e Iván Méndez ao abeiro do programa Eurochef de EuRural, no que se aprenderá a explotar todo o potencial dos cultivos de tempada e dos produtos locais. O programa de actividades completarase cunha ducia de obradoiros variados e de balde, o espectáculo infantil ‘Pinga pinga’ con Barafunda Teatro, food trucks, after-fair nos locais de Goián e moito, moito máis.

Consulta aquí o programa ao completo.