Chegan os días grandes da Festa da Ostra de Soutomaior
A localidade inaugura este venres a gran cita coa xoia de Arcade
A verbena contará coas orquestras Marbella, Origen, América de Vigo e La Fórmula

A cita comeza este venres coa entrega do galardón á ostreira Isabel Seoane e finalizará o domingo co pregón do escritor Manuel Lourenzo. / Faro
Máis de 30.000 persoas achéganse cada ano por estas datas á parroquia da Arcade no concello de Soutomaior para degustar unha das maiores xoias gastronómicas da comunidade, que xa describiu Cunqueiro como “a máis cotizada do mercado e a pioneira en comercializarse e exportarse fora de Galicia”.
A Ostra de Arcade inaugura este venres a XXXVI edición da súa festa cun programa de alto nivel, realizado “con moito agarimo e coidado para pór en valor o produto máis típico do concello de Soutomaior”, en palabras do alcalde da localidade Manu Lourenzo, que non dubida en “convidar a todo o mundo” a acudir a localidade para “descubrir e degustar a Ostra de Arcade regada cos mellores viños da comarca e gozar de paso de todos os atractivos do concello”.
A festa, declarada de Interese Turístico, celébrase cada ano no Peirao coincidindo co mellor momento do ano para desgustar este saboroso molusco. Repite este ano cun evento á altura no que non faltará a verbena, a cargo das orquestras Marbella e Origen (venres) e América de Vigo e La Fórmula (sábado), ademais da tradicional tirada de fogos e a lectura do pregón do domingo, que este ano correrá a cargo do profesor e escritor Manuel Lourenzo.

O evento conta con tres aparcadoiros a 5, 7 e 9 minutos da festa respectivamente, ademais dun aparcadoiro habilitado para as persoas con mobilidade reducida ao carón da rotonda da Ostreira. / Faro
Venres, 5 de abril
A cita, para a que o concello xa abriu boca a pasada fin de semana coa celebración da tradicional Carreira Infantil da Ostra, será inaugurada oficialmente este venres mesmo coa entrega do seu galardón á ostreira Isabel Seoane Amoedo, a última ostreira de Arcade que traballou na Pedra e imaxe do cartaz desta edición: son as súas mans as que abren este produto tan vencellado coa súa vida na proposta gráfica.
Tras a entrega do galardón, máis e mellor porque veciños e visitantes poderán gozar das sons da charanga A Cabeza non Para, ás 20.00 horas; e das orquestras Marbella e Origen, xa a partir das 22.30 horas.

Cartel da XXXVI Festa da Ostra de Arcade / Cedida
Sábado, 6 de abril
O sábado, o programa empezará ben cedo coa actuación de Fanfarria Furruxa, a partir das 11.00 horas, que deixará paso a apertura das casetas de degustación da ostra a partir das 12.00 horas.
Pola tardiña e xa co bandullo contento, veciños e visitantes volverán a gozar da música co ritmo da charanga Mekánica Rolling Banda, ás 20.00 horas; e das orquestras América de Vigo e La Fórmula, ás 22.30 horas.
Unha xornada ben completa que non rematará aquí e contará coa tirada de foguetes de artificio como gran broche de ouro.
Domingo, 7 de abril
Pola súa banda, serán os pasarrúas da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade quen dean a benvida ao programa do domingo, cando a partir das 10.00 horas protagonicen un percorrido desde o Calvario ata o Peirao.
Ás 11:00 h terá lugar a apertura de casetas de degustación, que ás 13:00 horas deixará paso á lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do escritor e profesor Manuel Lourenzo González. Unha gran despedida para unha gran festa que, sen dubida, volverá deixar moi bo sabor de boca no concello.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia
- El Nicolás Peña, el centro de salud joven y pequeño que cierra sus puertas para integrarse en el que será el mayor de Galicia