O destino que namorou a Valle - Inclán
A Pobra do Caramiñal prepárase para a Semana Santa con rutas de senderismo, visitas guiadas e mesmo un obradoiro de marisqueo
Espectaculares miradoiros, paisaxes de praia, bosque e piscinas naturais bañan de beleza á Pobra do Caramiñal, un dos destinos máis atractivos do Barbanza, ao que o mesmísimo Ramón de Valle-Inclán calificou coma “o lugar da terra no que houbera vivido máis a gusto”.
Patrimonio natural, cultural e histórico únense deste xeito á gastronomía para converter a Pobra do Caramiñal no destino perfecto para gozar desta primavera.
Atractivos aos que se suma a completa axenda do Concello para Semana Santa, na que non faltarán as rutas de senderismo nin as visitas guiadas, ademais dos tradicionais actos litúrxicos nas parroquias de Santa María a Antiga do Caramiñal e Santiago do Deán.
Deste xeito, a axenda comezará o 31 de marzo coa inauguración do mercadiño “A nosa feira” nos Xardíns de Valle - Inclán, onde permanecerá ata o 10 de abril. Xa o mércores 5, pola súa banda, veciños e visitantes poderán gozar dun obradoiro de marisqueo de a pé na praia dos Areos, mentres que o Xoves Santo chegará a quenda da ruta xacobea guiada “Orixes”, cun recorrido de 8 quilómetros e dificultade baixa. Ademais, o venres poderemos seguir desfrutando da natureza da man dunha ruta polo Río das Pedras e as súas piscinas naturais.
Finalmente, dúas son as propostas para o sábado de Pascua, no que os amantes do patrimonio cultural poderán elixir entre unha visita guiada ao centro histórico da Pobra, que terá lugar pola mañá; ou á capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán, xa pola tarde.
Para saber máis: Turismo A Pobra do Caramiñal
- Estos son los minutos que hay que caminar al día para conseguir adelgazar: muchos menos de los que te imaginas
- Marta Riesco anuncia que va a ser madre: "Un maravilloso viaje
- El sorprendente cambio físico de Ivonne Reyes tras su derrota judicial contra Pepe Navarro
- Bronca de Piqué y Clara Chía a su llegada a Madrid: "Te voy a dar una hostia
- Un juez cervecero colombiano prueba por primera vez la Estrella Galicia y la Mahou: su clara sentencia tras la comparativa
- La rotonda de la vergüenza, en Redondela: la Guardia Civil multa mientras los conductores circulan por socavones
- Juan Carlos I obligado a alargar su estancia en Sanxenxo por problemas de salud
- La infusión para perder peso que reduce piernas y asegura un vientre más plano