Turismo Cerca

Escenarios ao volante no país dos mil ríos para gozar da Semana Santa

Seis rutas da Axencia de Turismo de Galicia - Xunta de Galicia que enfeitizan coas mellores paisaxes

Faro da Illa Pancha, 
en Lugo.  


Faro da Illa Pancha, 
en Lugo. 
 / Turismo de Galicia

Este ano si! Imos sacar partido da Semana Santa coma nunca con hasta seis rutas insólitas e cheas de beleza que nos van permitir comprobar por que Cunqueiro acertou de pleno ao bautizar como “o país dos mil ríos” á nosa Galicia, un espazo privilexiado que enfeitiza dende a primeira ollada. 

Podemos subir ás montañas do macizo de Pena Trevinca que superan os 2000 metros, navegar polos canóns do río Sil ou do río Miño, perdernos nas praias case desertas da Costa da Morte, de Ortegal ou da Mariña Lucense ou mesturarnos cunha natureza feraz percorrendo os bosques do Courel ou dos Ancares. Podemos sentarnos a sentir a vertixe de cantís case verticais que superan os 600 metros de altura de caída sobre o mar, ou acubillarnos en mornos vales; e aproveitar a riqueza pesqueira dunhas rías que acugulan os sentidos coa súa beleza.

Ante todo, e sobre todo, Galicia é paisaxe. Unha paisaxe que expresa o vencello dos seus homes e mulleres coa terra, que conxuga o modelado natural co cincelado pousado das xeracións de persoas que a habitaron, e esculpiron nela as necesidades e realidades sociais de cada época. 

A guía “Escenarios ao Volante” da Axencia de Turismo de Galicia - Xunta de Galicia que recolle as mellores rutas e miradoiros da comunidade antoxase a nosa mellor aliada para sacar partido da Semana Santa. Nesta ocasión, propóñenos seis opcións, pero o certo e que hai moitísimas máis e todas poden atoparse na páxina web de Turismo turismo.gal

Seis percorridos que nos permitirán sentir o verde e o azul que teñen aquí, en Galicia, máis significado que en ningún outro lugar, con tres opcións para achegarnos a nosa costa infinita e outras tres que nos encandearán con máxicos vales, ríos e montañas.

Iniciamos deste xeito unha viaxe que nos levará, pola península do Morrazo, ata o que pode que sexa o lugar máis mítico e máxico das Rías Baixas: Cabo Home, Atlántico, cantís e beleza que tes que experimentar por ti mesmo. De Pontevedra cara A Coruña, a súa máxica Costa da Morte, ao Cabo Ortegal, para gozar de contrastes únicos fronte a inmensidade do Altántico; de panorámicas inimaxinables, ao norte do norte. En Lugo, a Mariña Oriental, un lugar delicioso bañado por augas azul turquesa do mar Cantábrico é outra das opcións perfectas para gozar da Semana Santa como merece. Despois, baixaremos á beira do Miño para gozar dunha tranquila parada na fértil terra do Ribeiro e a súa capital, Ribadavia; coñeceremos de preto os camiños heroicos da Ribeira Sacra, de Monforte de Lemos a Doade, Parada de Sil, os Balcóns de Madrid e o espectacular mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil; e nos nos esqueceremos dos camiños xacobeos, coa aldea monasterio de O Cebreiro coma fito Xacobeo por excelencia e un itinerario tinguido ao completo dun verdor irreal. 

Estades listos? Pois agarrádevos ben porque empeza a nosa viaxe!

Un dos tres faros de Cabo Home, acompañados de praias como Melide.

Un dos tres faros de Cabo Home, acompañados de praias como Melide. / Turismo de Galicia

[object Object]

Natureza, bo clima e praias. De cabo en cabo, imos coñecer toda a maxia dunha ruta que conecta os espazos naturais do extremo sur da ría de Pontevedra cos do extremo norte da ría de Vigo. Un percorrido pola fachada continental atlántica da península do Morrazo que non perde de vista o Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

Tres faros máxicos nas Rías Baixas

Partimos deste xeito de cabo Udra (Bueu) cara Aldán, terra de mariñeiros e padexeiros, e O Hío, a súa igrexa e o espectacular cruceiro que lle da sona, para chegar á Costa da Vela, pasando preto de recomendables praias como Nerga ou Barra. 

A chegada a Donón introduciranos no último tramo do percorrido, o treito máis salvaxe da Costa da Vela. Dende este punto deixamos o asfalto e comeza un ancho camiño de terra en dirección a Cabo Home, pode que o lugar máis mítico e máxico das Rías Baixas. 

O seu faro álzase a modo de torre cilíndrica de cor branca, esvelta. Moi preto, Punta Robaleira conta cun faro máis modesto, vermello e baixo. Pasando a praia de Melide aínda existe un terceiro faro, o de Punta Subrido. O dito:Atlántico, cantís e beleza.

Vista de Santo André de Teixido desde a Serra da Capelada.  


Vista de Santo André de Teixido desde a Serra da Capelada. / Turismo de Galicia

[object Object]

Cantís, espiritualidade, serras… o percorrido entre Cedeira e cabo Ortegal condensa, en pouco máis de 20 quilómetros, todo un amplo mostrario dos valores paisaxísticos da costa galega. Un itinerario que é un miradoiro continuo sobre o océano Atlántico, transitando por algúns dos cantís de maior altitude da Europa continental.

O punto máis setentrional da Península Ibérica

Cedeira, vila mariñeira que lle da nome a unha agarimosa ría, é o punto de partida desta viaxe por algúns dos miradoiros máis espectaculares da costa norte da provincia da Coruña, que nos levará á serra da Capelada, onde a proximidade do borde litoral ofrece contrastes únicos e permite vistas panorámicas de 360 graos: a inmensidade do Atlántico por un lado e o fondo escénico da serra polo outro. 

No descenso cara a cabo Ortegal, os miradoiros sucédense a ambas beiras da estrada alternando vistas cara ao mar aberto ou cara a ría de Ortigueira e a vila de Cariño. 

Unha vez alí:unha contorna espectacular é coroada pola presenza do faro a 125 metros sobre o mar. Dende Ortegal, cara ao leste, ao lonxe, tamén se divisa Estaca de Bares, punto máis setentrional da Península Ibérica: é o norte do norte. 

Faro da Illa Pancha, 
en Lugo.

Faro da Illa Pancha, 
en Lugo. / Turismo de Galicia

[object Object]

O litoral de Ribadeo e Barreiros é a liña principal deste itinerario que transcorre entre suaves areais e cantís de formas caprichosas. Pero a beleza da costa non é o único valor deste percorrido, xa que conta ademais cun rico patrimonio e a presenza de vilas senlleiras como Rinlo e Ribadeo.

Cos pés en Galicia e a mirada en Asturias

A Mariña Oriental de Lugo conta cun dos litorais máis singulares de Galicia. Cos pés en Galicia pero a mirada en Asturias, desde Ribadeo Seguindo a costa, un curto desvío leva cara o vello faro de Illa Pancha, un lugar delicioso bañado polas augas azul turquesa do mar Cantábrico en contraste coas vivas cores das matogueiras costeiras e os cantís. 

O percorrido prosegue entre os campos da chaira litoral até chegar a Rinlo, un dos núcleos de poboación senlleiros da costa galega e desde o que partiremos ás praias de: Os Castros, As Illas, Esteiro… que deixan paso á máis coñecida de todas elas, As Catedrais, cos seus famosos arcos de pedra.

O treito final, xa no concello de Foz, lévanos polo esteiro do río Masma, desviándose cara ao punto de destino, o prominente pico da Frouxeira, de 427 metros de altitude onde se erguía unha fortaleza baixomedieval.

Ribadavia, capital do Riibeiro, terra de viño, auga e fermosas paisaxes.

Ribadavia, capital do Riibeiro, terra de viño, auga e fermosas paisaxes. / Turismo de Galicia

[object Object]

O Miño é un río esencial na xeografía e na cultura galega. Este itinerario propón un percorrido seguindo o seu val dende a cidade de Ourense até Ribadavia, a través das paisaxes do viño da comarca do Ribeiro. 

 Este percorrido, que combina valores patrimoniais, naturais e estéticos, discorre por terras de herdanzas romanas e trazos climáticos mediterráneos. Un soño que combina beleza, historia e gastronomía. 

Unha parada tranquila para gozar 

En Ourense gozaremos do casco histórico da cidade, a Ponte Vella e as Termas de Outariz para pór rumbo a Barbadás e Toén e toparnos, despois, camiño a Ribadavia, co Parque Náutico de Castrelo, onde nos agasallará unha fermosa estampa coa igrexa de Santa María de Castrelo dominando a paisaxe dende un outeiro elevado sobre o río. Ribadavia, capital do Ribeiro, acubíllase a carón do río Avia, que se atopa co Miño pouco despois da vila. Unha vez alí, poderemos gozar do seu legado patrimonial, o seu pasado xudeu, a súa gastronomía, as augas termais que regan os enclaves aledaños e a súa profusa cultura do viño. A suma de forzas perfecta que ben merece unha tranquila parada.

Viñedos de Ribeira Sacra en Outono, camiño dos Canóns do Sil.  


Viñedos de Ribeira Sacra en Outono, camiño dos Canóns do Sil. / Turismo de Galicia

[object Object]

A Ribeira Sacra é unha das paisaxes con máis carácter de Galicia. A particularidade xeográfica que supón o Canón do río Sil e a presenza dun riquísimo patrimonio suman un conxunto no que a calidade é o denominador común. 

Benvidos a Galicia en todo o seu esplendor

Da fermosa vila de Monforte de Lemos, partimos cara Doade, un dos centros da viticultura da zona. Pasando a aldea, ábrese ante nós unha espectacular perspectiva do río Sil: Benvidos á Ribeira Sacra en todo o seu esplendor, co miradoiro de Souto Chao ou embarcadoiro de Doade como primeiras paradas imprescindibles. 

De Cristosende aos Balcóns de Madrid, unha nova baixada, con amplas vistas sobre o Sil, leva á Fábrica da Luz, ao pé do río Mao e da súa insólita pasarela, que nos permitirá camiñar entre as copas das árbores.O percorrido segue polo Canón do Sil, pasando por aldeas entre soutos e viñedos até chegar a Parada de Sil. Un desvío no itinerario permite a visita aos Balcóns de Madrid, un dos puntos máis populares da zona.O punto final deste itinerario é o espectacular mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). Orixinario da época medieval e declarado Ben de Interese Cultural. 

Aldea santuario
 de O Cebreiro, rodeada 
de paisaxes dun verdor irreal.

Aldea santuario
 de O Cebreiro, rodeada 
de paisaxes dun verdor irreal. / Turismo de Galicia

[object Object]

Os camiños xacobeos conectaron a Galicia con Europa durante séculos e ségueno a facer. Entre as diversas variantes o Camiño Francés é o máis coñecido, sendo O Cebreiro o punto de entrada en Galicia. Este itinerario comparte o percorrido das primeiras etapas galegas dunha das vías de peregrinación máis importantes do mundo.

Un dos fitos Xacobeos por excelencia

Dende Pedrafita, a estrada transita pola ladeira a modo de continuo miradoiro con fermosas vistas das serras, dun verdor irreal, para levarnos ata a aldea santuario de O Cebreiro, un dos grandes fitos do Camiño de Santiago en Galicia e de imprescindible visita.

Seguindo o noso percorrido, chegaremos ao alto de San Roque, no que unha impoñente estatua serve de homenaxe ao esforzo dos peregrinos, e ao Alto do Poio, en plena serra do Rañadoiro e con vistas ás serras de Oribio e Courel.

A chegada a Triacastela marca un certo descanso nas subidas e baixadas para levarnos a vila monástica de Samos e ao seu mosteiro de San Xulián, unha agradable vila no medio de fragas e moi viva polo pulo que lle dá ser un dos referentes do Camiño de Santiago en Galicia.

Para saber máis: Turismo de Galicia