Proxectos, innovación, traballo cooperativo, Erasmus+, instalacións deportivas e moito máis suman formas no centro de ensino público IES A Guía, situado no barrio vigués de Teis, ao pé do monte da Guía, nunha contorna privilexiada para a aprendizaxe vivencial.

Baixo o lema “Educando para o futuro” e referente da Formación Profesional en Vigo, a súa labor vén de ser premiada con importantes galardóns este ano, coma o Premio Business Talents 2022, no que catro dos seus alumnos demostraron ser os mellores empresarios virtuais do país entre os máis de 200 universitarios e estudantes de Grado Superior que se presentaron ao campionato educativo. 

Aprendizaxe experiencial e aposta pola innovación, con premios

“No noso centro apostamos pola innovación, a cooperación e a diversidade como fonte de sinerxias”, contan neste senso desde o centro e engaden: “Queremos ser un centro onde as persoas poidan desenvolver o seu potencial e vivir a aprendizaxe de xeito experiencial, polo que promovemos o traballo por proxectos e o constante contacto coa contorna (natureza, asociacións, empresas, etc.)”. 

Cunha oferta educativa que abrangue 1º - 4º ESO (Proxecto EDIXGAL e seccións bilingües); Bacharelato Científico; Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais; o IES A Guía presume de 100% de aprobados na ABAU 2021. 

Ademais e no que respecta á Formación Profesional, destacan co seu CS Acondicionamento Físico, onde sobresaen con outro aval como é o Premio á Innovación na FP 2022 grazas a creación de recursos metodolóxicos para a aprendizaxe do soporte vital básico e a súa aplicación na contorna educativa. 

Único centro de Galicia que oferta todos os ciclos da familia de Comercio

Por outra banda, o IES A Guía é o único centro de Galicia que oferta todos os ciclos da familia de Comercio: 

CB Servizos comerciais

CM Actividades comerciais

CM Comercialización de produtos alimentarios (D)

CS Xestión de vendas e espazos comerciais (O/D)

CS Comercio internacional

CS Márketing e publicidade

CS Transporte e loxística (adultos)

Ademais do 2º CS Xestión de vendas a distancia, que acaba de incorporarse a súa oferta educativa. 

Para saber máis e inscribirte nalgún destes ciclos podes entrar na páxina web www.edu.xunta.gal/centros/iesguia, escribir ao correo ies.guia@edu.xunta.gal, ou chamar ao teléfono 886 111 003.