Inaugurado no ano 1992, o IES Ribeira do Louro é un referente na área educativa e cultural de O Porriño. Está  situado á beira do río que lle dá  nome, na parroquia de Torneiros. É precisamente esta localización, nas aforas  da vila, o que lle concede ese valor de pluralidade sobre o que se constrúe o seu proxecto educativo. O amplo abano de ensinanzas que se imparten, a flexibilidade horaria (diúrno e nocturno) e a inclusión dos diversos sectores sociais da bisbarra no proceso educativo son os seus principais compoñentes.

O Ribeira do Louro comezou sendo un Instituto de Formación Profesional, e ao longo dos anos foi adaptándose aos distintos marcos educativos, ata chegar a ser o que é hoxe: un centro que incorpora todas as modalidades de ensino secundario e Formación Profesional.

Oferta educativa

-Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

-Bacharelato

  • Ciencias e Tecnoloxía
  •  Humanidades e Ciencias Sociais

-Formación Profesional         https://www.edu.xunta.es/fp/   #FPGalicia   

  • Formación Profesional Básica

-Servizos Comerciais.

-Electricidade e Electrónica.

  • Ciclo Medio de Instalación de Comunic acións
  • Ciclo Medio Plurilingüe de Xestión Administrativa.
  • Ciclo Superior Plurilingüe de Comercio Internacional.
  • Ciclo Superior Plurilingüe de Administración e Finanzas.

-Ensinanzas Básicas Iniciais para persoas adultas, en horario nocturno.

-Educación Secundaria para Adultos (ESA), en horario nocturno.

-Probas libres para a obtención do título de ESO destinadas a persoas adultas.

O Ribeira do Louro é colaborador e promotor dende o ano 1996 de Proxectos Europeos. Cedida

Internacionalización do centro

O Ribeira do Louro é colaborador e promotor dende o ano 1996 de Proxectos Europeos.

Ao longo destes anos, alumnado do ciclo superior de comercio internacional e profesorado do centro tiveron a oportunidade de viaxar  e participar en actividades de formación en países asiáticos como China, India, Tailandia ou Camboia, e europeos, como Romanía, Bosnia ou Albania.

Do mesmo xeito, as aulas do instituto acolleron un importante número de alumnado destes países. Este proceso está cimentado nun marco de colaboración do Instituto coas universidades de Elbasan Alexsandër  Xhuvani(Albania), CEPS Center For Business Kiseljak e LOGOS Centre de Mostar (Bosnia Herzegovina) e Paññasastra University of  Cambodia (Camboia).

O alumnado do IES Ribeira do Louro experimenta así un importante enriquecemento cultural ao estar inmerso na vida universitaria destes países.

O alumnado de ESO  e Bacharelato tamén participa activamente nos seguintes Programas Erasmus Plus no marco de Proxectos de Asociacións Estratéxicas:

  • LIVINGRIVER - Caring and protecting the life and culture around rivers and streams
  • FLIPPED IMPACT
  • BKSTONE “Higher Education–Enterprise platform for fostering, modernisation and sustainable growth in natural stone industry in Western Balkans”
  • CAREFOREST - Taking care of forest for protecting local and global ecosystems and human life.
  • GEGAME - A videogame to use in schools to promote gender equality
  • EYFET - Empowering youth for facilitating ecological transition

Outras colaboracións internacionais

No marco de colaboración co Concello de O Porriño, o instituto participa dende o curso 2017-18 nun intercambio de alumnado con A Fronsadais, na rexión de Burdeos (Francia). 

O instituto está inscrito na Rede Internacional de Centros de Climática, unha representación de estudantes de 1º de ESO que cursan esta materia  participan conxuntamente con alumnado doutros países en actividades para a defensa do cambio climático. 

O centro pertence á Rede de Centros de Amnistía Internacional. A educación en valores, a sensibilidade fronte ás actitudes que atentan contra os dereitos humanos e a inclusividade son piares fundamentais nos que se sustenta o actual proxecto educativo. En consecuencia, o centro colabora con esta Rede elaborando vídeos, promovendo campañas e participando en diversos certames literarios nos que os traballos do alumnado son recoñecidos ano tras ano.

A educación en valores, a sensibilidade fronte ás actitudes que atentan contra os dereitos humanos e a inclusividade son piares fundamentais nos que se sustenta o actual proxecto educativo. Cedida

Actividades Complementarias e Extraescolares

A transversalidade no proceso educativo global e a atención ás potencialidades artísticas do alumnado xustifican cumpridamente a realización de actividades extraescolares que responden ao seu interese  e fortalecen a súa formación persoal e académica. Realizándose as seguintes: Club de Lectura (para alumnado e adultos, aberto ás familias), teatro, olimpíada de xeoloxía, ruada rosaliana, dramatización “as mulleres na historia”, obradoiros de matemáticas, as matemáticas na rúa, espeleoloxía no Courel  e un importante número de saídas promovidas polos distintos departamentos educativos: visitas a museos incluíndo cidades fóra da nosa comunidade como por exemplo Roma e Madrid, concertos, conferencias, exposicións, festivais, roteiros, obradoiros de matemáticas…estas saídas complétanse coa viaxe fin de etapa para o alumnado de 4º de ESO, que cada ano visita unha emblemática cidade europea.

Xa cun carácter máis lúdico, todo o alumnado de ESO e bacharelato participa nas xornadas festivas de índole popular establecidas polo centro (Magosto, Entroido) e, como colofón, unha Xornada de Convivencia ao remate do curso escolar.

Conmemoracións

Outro dos obxectivos primordiais do Ribeira do Louro é  achegar o centro á sociedade, saír do marco da aula e participar masivamente daquelas conmemoracións encamiñadas a espertar a sensibilidade do alumnado ante a inxustiza, a desigualdade e a progresiva perda da nosa lingua. Estas conmemoracións,  por orde cronolóxica de celebración anual, son as seguintes: día mundial contra a violencia de xénero, día  mundial pola paz, día mundial dos dereitos humanos, día internacional sobre o autismo, día internacional da muller traballadora, día do libro, día de Rosalía, día do pobo xitano, semana das Letras Galegas.

Participacións en eventos e concursos

A  participación en eventos e concursos é un elemento de motivación e cohesión entre o alumnado, por iso apostamos por acudir a estas citas que espertan un enorme interese polos estudantes ao tempo que lles dan unha notable proxección ao centro. Destacamos as seguintes:

  • XII Olimpíada de xeoloxía
  • Proxecto Helsinki (Afondamento nos dereitos humanos)
  • VIII encontro musical de Galicia.
  • Concurso 150 Aniversario da táboa periódica.
  • Certame Internacional de Economía “Young Business Talents” (Madrid)
  • Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional
  • Congreso de Internacional de Centros de Climática
  • Premio de Teatro Roberto Vidal Bolaño en colaboración co Concello de O Porriño e a Editorial Galaxia.
  • Congreso e campus xuvenil internacional de climática XIX

Xornadas de portas abertas

Ao IES Ribeira do Louro chega alumnado de varios centros adscritos,  por iso consideramos fundamental trasladar ás familias a información necesaria e ao alumnado que recibimos unha acollida amable.  Así, o centro organiza xornadas de portas abertas nas que os pais, nais e o propio alumnado son citados con antelación para visitar as instalacións, coñecer de primeira man a oferta educativa e os demais servizos que presta o centro. Ademais,  tamén se convida ás familias a distintos eventos artísticos organizados ao longo do curso: representacións de teatro, exposición dos traballos de plástica, actividades musicais, xornada de gradación de alumnado de 2º de bacharelato…

Noutra orde de cousas e seguindo con esta liña de apertura, o centro segue a liña pedagóxica de ofrecemento e difusión das actividades artísticas citadas anteriormente  á comunidade exterior máis próxima. Así, os  grupos de teatro, música e  biblioteca colaboran  con outros centros e institucións do barrio levando  alí representacións teatrais, recitais poéticos e lecturas na modalidade de  acompañamento ao alumnado de infantil e primaria.

A participación en eventos e concursos é un elemento de motivación e cohesión entre o alumnado. Cedida