O centro especializado na impartición de ciclos formativos de Formación Profesional CIFP Manuel Antonio conta con profesorado especializado en cada un dos ciclos e cun alto porcentaxe de inserción en empresas unha vez rematados os estudos. Distínguese asimesmo polo contacto directo coas empresas da zona, unha ampla oferta formativa e a aposta pola innovación e o emprendemento, con xornadas anuais a este respecto. 

Un novo curso, parafrasea o seu eslogan para invitar a todos aqueles que queiran apostar polo seu futuro a confiar na súa aposta educativa: “Fai equipo con nós”.

Ampla oferta formativa

Con 32 Ciclos Formativos en Ciclos Médios, Ciclos Superiores e FP Básica en distintos réximes formativos, que cobren as necesidades de formación do alumnado con horarios de mañan (Réxime Ordinario) de Tarde (Réxime adultos presencial) FP a distancia e FP DUAL, a oferta do centro abrangue un total de 6 familias profesionais

  • Hostalaría e Turismo; 
  • Sanidade; 
  • Química; 
  • Téxtil, Confección e Pel 
  • Industrias Alimentarias;
  • e Seguridade e medio ambiente

Conta con 32 Ciclos Formativos en Ciclos Médios, Ciclos Superiores e FP Básica en distintos réximes formativos Cedida

75% de inserción laboral

O contacto continuo coas empresas através é outro dos pilares do centro. Concrétase a través dos titores, o que lles permite coñecer de primeira man as necesidades dos sectores productivos e ter unha adaptabilidade rápida aos cambios

Presumen deste xeito dunha alta tasa de inserción laboral unha vez que o alumnado remata os seus estudos. Está en torno ao 75%, e no caso dos ciclos de FP DUAL chega ao 85%. Todos os ciclos teñen unha alta demanda por parte das empresas.

Centro Plurilingüe

Como Centro Plurilingüe, que ademáis ten un viveiro de empresas onde desenrrolar proxectos, oferta formación en Seguridade e Medio Ambiente; Química; Hostalaría e Turismo; Sanidade; Industrias Alimentarias e Téxtil, Confección e Pel.

Aposta pola FP Dual

Pola súa banda, no marco da oferta de FP Dual, conta cos ciclos de:

  • CS Fabricación de productos farmacéuticos, biotecnolóxicos e Afíns: coas empresas ZENDAL e LONZA BIOLÓGICS, con sede en Porriño;
  • CM Elaboración de productos alimentarios; coa empresa NUEVA PESCANOVA. 

Conta con dous ciclos no marco da aposta pola FP Dual, onde colabora con empresas punteiras do sector. Cedida

Presenza Internacional

Ademais, dende o Departamento de Programas Internacionais a través do programa ERASMUS, o alumnado pode realizar as súas prácticas en empresas de outros países, a través dos convenios que teñen asinados. 

O centro tamén realiza colaboracións con centros e entidades de outros países como Italia, na Feira do Folpo en Padua ou en Francia, San Juán de Luz a través de un proxeto europeo sobre moda sostible, con centros de Italia, Croacia, Francia e o Pais Vasco.

Dende o Departamento de Programas Internacionais a través do programa ERASMUS, o alumnado pode realizar as súas prácticas en empresas de outros países Cedida

Innovación de premio

Situado na zona do Meixoeiro, rodeado de zonas verdes, ben comunicado coas liñas de autobúses co centro de Vigo e cos concellos limítrofes e ao carón de unha residencia de estudantes, O CIFP Manuel Antonio foi premiado nos últimos anos por varios proxectos de innovación educativa a través do programa da Consellería FP INNOVA:

  • 2021_“Economía circular e sustentabilidade no CIFP”
  • 2020_“Producción biolóxica e sostible de afumados galegos”
  • 2020_“Oir para vivir 4.0”

Viveiro de empresas

O CIFP Manuel Antonio conta cun viveiro de empresas, onde o alumnado que rematou os seus estudos pode poñer en marcha unha idea de negocio ou empresa, contando con asesoramento en todo o proceso. Un espazo en funcionamento con diversos proxectos en marcha, algúns deles xa moi recoñecidos.

Para saber máis, preme aquí.

Avenida de Madrid, s/n - (Apartado 3138), 36214, Vigo, Pontevedra.

886120750/ 886120776

Centro CIFP Manuel Antonio, especializado na impartición de ciclos formativos de Formación Profesional. Cedida