A Alianza polo Clima acelera e ponse a 200
Coa adhesión de Froiz, este clube comprometido coa mellora do medio ambiente acada unha cifra redonda que reflicte o seu éxito

Visita da conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez á compañía galega Froiz, que vén de adherirse a Alianza polo Clima e converterse no membro 200 desta iniciativa de acción climática. / Cedida
A Alianza Galega polo Clima non para de medrar. Cando aínda non soprou tres velas, desde a súa creación en 2022, recentemente formalizouse a incorporación de Froiz, que marcou un fito moi especial: converteuse no membro 200 desta iniciativa da Xunta de Galicia que avoga por coordinar medidas que xeren sinerxías na acción climática. A conselleira Ángeles Vázquez e os representantes da compañía pontevedresa asinaron o protocolo de adhesión nas instalacións centrais da compañía, en Poio.
Do A ao Z, de Abanca a Ziclos Circular Economy, os integrantes da Alianza conforman un grupo heteroxéneo, pero cunhas coordenadas comúns: son organizacións dispostas a comprometerse para avanzar na mellora do medio ambiente e acadar a neutralidade climática en 2040. Falamos de pequenas, medianas e grandes empresas, asociacións profesionais, autoridades portuarias e organizacións sindicais; pero tamén de organismos de investigación e universidades, centros tecnolóxicos, oenegués ambientais, entidades da sociedade civil e administracións públicas.
O tipo de accións que promove a Alianza son as que contribúen a que Galicia sexa a comunidade autónoma líder na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Desde 1990, descenderon preto do 62%. Cinco veces a rebaixa do conxunto de España, que se sitúa no 12,6%
Vázquez -a quen acompañou a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uria- agradeceu durante a súa visita ás instalacións de Froiz a súa decisión de sumarse á Alianza e o seu compromiso co coidado do medio ambiente. As plataformas loxísticas de Lourido (Poio) contan cun selo que certifica que practicamente o 100% dos residuos que se xeran son reutilizados e convertidos en novos materiais, algo que se estende a todas as áreas de negocio do grupo; na súa estratexia de economía circular dan unha segunda vida aos residuos de papel e cartón; e traballan en proxectos como fabricar bolsas corporativas a partir de plástico reciclado pola propia empresa.
O seu exemplo, salientou a conselleira, servirá de inspiración para outras firmas. Exercerá, augurou, un efecto tractor no tecido empresarial da contorna. E máis aló. De feito, nas últimas semanas a Alianza non deixou de dar a benvida a novos membros: desde Nokao, especializada na organización de eventos deportivos e de benestar, ao Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), pasando pola Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2).

Visita da conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez á compañía galega Froiz, que vén de adherirse a Alianza polo Clima e converterse no membro 200 desta iniciativa de acción climática. / Cedida
Líderes en emisións GEI
Con carácter totalmente gratuíto, adherirse á Alianza abre as portas a unha rede de colaboración público-privada con acceso a unha plataforma tecnolóxica que permite aos socios deste clube climático facer seguimento das súas iniciativas; acceder a recursos, axudas, lexislación ou formación; e dispoñer de servizos de mentoring, asesoramento personalizado ou consultas estratéxicas.
O tipo de accións que promove a Alianza son as que contribúen a que Galicia sexa a comunidade autónoma líder na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Desde 1990, descenderon preto do 62%. Cinco veces a rebaixa do conxunto de España, que se sitúa no 12,6%.
Un dato que aínda pode e debe mellorar. De aí que a Xunta reclame ao Goberno central que as rexións -tal e como recolle o mandato da Comisión Europea- participen no deseño e xestión dos fondos do Plan Social para o Clima, que contará cun orzamento de 9.000 millóns de euros para o período 2026-2032. Distintos departamentos do Executivo galego avaliaron proxectos que poden beneficiarse destes fondos, dos que deu conta a conselleira aos responsables de Froiz. E, por extensión, a todo o tecido socio-económico galego.

Visita ás instalacións de Ceamsa. / Cedida
Aval internacional
Galicia foi recoñecida recentemente en Wiener Neustadt (Austria) co premio Climate Star, concedido pola Climate Alliance, polo papel do Executivo autonómico como coordinador do Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía. Ángeles Vázquez foi a encargada de recollelo en nome da Xunta.
Único galardón concedido a España este ano, pon en valor os resultados obtidos pola Comunidade no eido da gobernanza climática desde que en 2017 o Executivo galego asumiu o papel de coordinador do Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, que pasou de 22 municipios adheridos en 2017 aos 286 da actualidade.
Como fitos, en 2018 creouse a Oficina Técnica do pacto, para ofrecer atención e asesoramento; e o ano pasado constituíuse a Rede Local polo Clima, constituída polos devanditos 286 concellos.
Pensando en adherirte?
A Alianza Galega polo Clima reúne a organizacións comprometidas coa mellora do medio ambiente. Con carácter gratuíto, da acceso a unha plataforma tecnolóxica que permite aos seus socios facer seguimento das súas iniciativas e acceder a recursos ou servizos de mentoring. Podes atopar toda a información a través da seguinte ligazón.
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
- Luz verde al inicio de la revolución para la Praza de España de Vigo: el Concello aprueba la primera licencia del ámbito
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- El emotivo homenaje de la hija de Toño Castro a su padre, el central del Compos que sigue vivo en la memoria
- El Celta Fortuna jugará la final por el ascenso