Galicia impulsa o comercio de proximidade como motor de crecemento
» A Xunta aborda da man do sector o futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, no marco do que se encadran iniciativas como o bono Activa Comercio, que se lanza mañá mesmo

O comercio local. / FARO
O comercio local é un dos piares fundamentais da economía galega e unha das maiores fontes de riqueza e emprego. Galicia conta con máis de 24.000 comercios polo miúdo que xeran 107.000 postos de traballo, situándose na quinta posición de España entre as comunidades con maior número de establecementos. Ademais, no total das catro provincias, hai preto dun centenar de mercados e prazas de abastos en funcionamento e que son o mellor escaparate do produto galego de calidade, cun gran vencello á contorna na que se integran.
Neste contexto e co obxectivo de seguir impulsando o sector, a Xunta de Galicia ten aberto na actualidade o proceso participativo para a elaboración do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, co propósito de telo listo no primeiro trimestre de 2025. A finalidade é poder contar coas achegas de todos os axentes implicados, afondando na vontade de que comerciantes, praceiros, asociacións, artesáns, etc. poidan contribuír en primeira persoa coas súas ideas e inquedanzas á diagnose máis acertada para seguir fomentando a súa competitividade, afrontando os desafíos do escenario actual e adaptándose ás novas tendencias dos consumidores.
Para o Goberno galego é unha prioridade abordar o futuro do comercio desde o diálogo e atendendo ás necesidades reais do sector, coa vontade de avanzar desde a colaboración público-privada, motivo polo cal, ademais de estar aberta ata finais de ano unha canle dixital de suxestións, se están a realizar diferentes reunións presenciais co tecido comercial en cada unha das provincias. Ademais, co gallo de recoñecer e valorar o traballo do tecido comercial, vén de pecharse o prazo de recepción de candidaturas dos Premios do Comercio Galego 2024, que se outorgarán a finais de ano.
Unha planificación con horizonte 2030
A importancia do comercio radica non só en termos económicos, senón tamén como unha figura clave para a cohesión social, a dinamización e a vitalidade dos diferentes barrios, vilas e cidades. Ademais, o comercio de proximidade é tamén unha opción responsable, con baixa pegada de carbono, sustentable e respectuosa co medio ambiente, que posibilita o mantemento da cadea de valor dos produtores locais.
Neste senso, o futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 aspira a ser unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, avanzando cara a un modelo que se apoie nos beneficios das novas tecnoloxías e afonde na especialización, na hibridación, na calidade do produto e na experiencia do propio usuario, promovendo así o consumo responsable e a sostibilidade como valores inherentes ao comercio local e de proximidade.
Ademais, contemplará como un eixo estratéxico un plan de remuda xeracional para asegurar a continuidade dos comercios rendibles, apoiando tanto ao que cesa na actividade como ao que a vai continuar, co obxectivo de garantir a permanencia dos negocios no tecido produtivo.
O Plan Estratéxico permitirá ademais desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Tratarase dun espazo que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.
Medidas propostas e apostas para 2025
Entre as áreas nas que está a traballar o Executivo galego, e que contará con importantes apostas nos orzamentos do 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, inclúense medidas como os bonos Activa Comercio, cuxa sexta edición -dotada con 2,5 millóns de euros- arranca para os clientes galegos este vindeiro luns, día 4 de novembro, e que terá continuidade o vindeiro ano.
Entre as medidas propostas, atopamos o Bono Comercio, o impulso da rede de Mercados Excelentes ou un selo de Menú de Mercado
Un 2025 no que se afondará no impulso das prazas de abastos e a súa certificación co selo de Mercados Excelentes, na liña da convocatoria recentemente resolta -con preto dunha trintena de concellos beneficiarios de axudas para avanzar na potenciación destes espazos e a súa integración nunha rede de mercados con esta distinción-.
Ademais, nas novas tendencias de consumo e turismo, detéctase tamén que o comercio é obxecto de visitas frecuentes por parte dos turistas. As experiencias gastronómicas, por exemplo, están cada vez máis en auxe e, nese marco, o produto galego é sinónimo de calidade e está altamente valorado. Neste sentido, trabállase tamén en accións cruzadas, como por exemplo o selo “Menú de Mercado” para facer campañas promocionais e levar os clientes das prazas aos restaurantes, que á súa vez mercan nas prazas, e viceversa.
Nesa liña, e a través de iniciativas innovadoras como pilotos dinamizadores en cabeceiras de comarca e diferentes liñas de apoio ao tecido comercial, apóstase pola revitalización a través do impulso do comercio local, non só consolidando como atractivo turístico e rendible o tecido comercial das cidades, senón especialmente os establecementos do rural como máximos referentes dun servizo de proximidade e de calidade que, ademais, contribúe a xerar riqueza e a fixar poboación.
Así mesmo, a planificación abordará medidas específicas, a través da Fundación Artesanía de Galicia, para seguir apoiando o labor dos artesáns e artesás para garantir a competitividade e permanencia dos oficios tradicionais e do feito á man, tamén recoñecidos a través dos Premios Artesanía de Galicia, que veñen de coñecer os seus finalistas para a edición deste ano.
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»