A Xunta impulsa a I+D e a aposta polo deseño nas pemes
» O Programa InnovaPeme achega axudas de hasta 75.000 euros ás empresas para crear “máis riqueza, máis emprego e máis competitividade”

Instalacións da empresa viguesa de desenvolvemento e solucións industriais para o sector do automóbil Goycar Galicia. / Faro
O vindeiro luns, 14 de agosto, rematará o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria simultánea dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme da Xunta de Galicia, unha oportunidade chave para as pequenas e medianas empresas galegas, que poderán dotarse de recursos cos que impulsar procesos de innovación no seo dos seus negocios.
A través destes dous programas, que contan cun orzamento de 4,5 millóns de euros, o executivo autonómico pretende dar resposta ás necesidades das pemes galegas con dous piares de chave de traballo. Así, a través de DeseñaPeme incídese na innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.
Deste xeito, a convocatoria aberta permitirá que 60 pemes galegas saquen adiante 60 plans de deseño e/ou innovación cunha mobilización estimada de nove millóns de euros. As axudas, que van desde os 25.000 ata os 75.000 euros por cada plan, permitirán que o noso tecido produtivo siga avanzando en Industria 4.0 e dixitalización e é que, “en industria, ou avanzas e creces ou acabas desaparecendo”.

Carlos Loureiro Varela, director xeral de Goycar Galicia, entre as beneficiarias da convocatoria anterior. / Faro
“Hoxe en día, non basta con adaptarse aos tempos, senón que hai que adiantarse. Sen InnovaPeme, nós non o houberamos logrado”
Teno claro neste sentido Carlos Loureiro Varela, director xeral da empresa de desenvolvemento e solucións industriais para o sector do automóbil viguesa Goycar Galicia, entre as beneficiarias da convocatoria anterior e onde valoran “moi positivamente” que programas coma InnovaPeme impulsen ás empresas a “dar o paso e inverter innovación”, algo que, en opinión de Loureiro, é imprescindible para o éxito no medio prazo: “A dous-tres anos vista, xera sempre máis riqueza, máis emprego e máis competitividade”.
En Goycar Galicia, onde veñen de implementar un plan de innovación con tres áreas de traballo diferenciadas, xa o están notando cun aumento no número de clientes e proxectos. Segundo nos conta o director xeral, a participación en InnovaPeme permitiu a esta empresa viguesa aplicar, en primeiro lugar, novos conceptos de Lean Management, fundamentais para seguir crecendo sen perder eficiencia e axilidade; en segundo, mellorar en xestión comercial internacional, onde están a aumentar o seu numero de proxectos — “Démonos conta de que os nosos sistemas tiñan moito potencial noutros mercados e que só tíñamos que dalos a coñecer”— e, en terceiro e sobre todo, Loureiro destaca a posta en marcha dun novo departamento de Innovación e Desenvolvemento de Enxeñería.
“Isto era chave para nós porque é o que nos vai permitir seguir desenvolvendo novos sistemas que, a súa vez, ofrezan novas e mellores solucións ás necesidades dos nosos clientes”, describe para rematar: “Hoxe en día, para seguir na roda, non só tes que adaptarte aos tempos, senón que debes adiantarte. Sen as axudas de InnovaPeme, probablemente, nós non houberamos podido pór en marcha moitos destes elementos”.
Esta nova convocatoria simultánea dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme da Xunta de Galicia aspira a financiar 60 plans de deseño e innovación nas pemes cunha mobilización de 9 millóns de euros.
Desde o Goberno galego concretan que o orzamento subvencionable deberá estar entre os 50.000 e os 150.000 euros por cada plan, de xeito que unha mesma peme que se presente ás dúas convocatorias poderá investir ata 300.000 euros. As axudas terán unha intensidade do 50% e outorgaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva.
Deste xeito, as empresas, que xa poden solicitar a participación no programa a través da páxina web da Axencia Galega da Innovación (GAIN) ata o 14 de agosto, poderán percibir achegas que van desde os 25.000€ ata os 75.000 euros por cada programa, 150.000 euros en total.
Como novidade dos programas para este ano destaca a inclusión como posibles beneficiarias das entidades do terceiro sector social sen ánimo de lucro, así como das empresas TIC -que estaban excluídas nas edicións anteriores-. Tamén se inclúen os custos indirectos como financiables por primeira vez e incorpórase como requisito a presentación de diversas actividades de difusión para chegar mellor á sociedade e servir de exemplo para outras pemes.
Os obxectivos destes programas son promover unha cultura de innovación continua e sistemática nas pemes galegas, incrementar o número de empresas que teñen a consideración de innovadoras, aumentar a súa competitividade, potenciar a colaboración das pequenas e medianas compañías co resto de axentes do ecosistema, ou favorecer a comercialización de resultados da I+D+i. Desde a súa posta en marcha, estes programas permitiron impulsar 246 actuacións cun investimento público-privado próximo aos 40 millóns de euros.
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9