Unha viaxe ao pasado, con Moaña Antiqua
O 30 de xuño comeza a VIII edición desta feira medieval
Con todo tipo de actividades na contorna de San Martiño

O espectáculo Troula, todo un clásico de Moaña Antiqua. / Diego Seixo
Regresar ao medievo é posible grazas á feira medieval de Moaña Antiqua, que, como nas anteriores edicións, levará a esta vila do Morrazo ao pasado. Concretamente o fará dende a zona de San Martiño, o punto exacto onde naceu Moaña, crecendo cara a costa ata convertirse na localidade que coñecemos no día de hoxe.
Do 30 de xuño ao 2 de xullo, na contorna da Igrexa de San Martiño, colocaránse os postos de comida e artesanía, animacións e obradoiros que caracterizan esta festa.
Inicio da Feira: 30 de xuño
O venres 30 comezará oficialmente a Feira, que inicia, como xa é habitual, cunha exposición na Casa da Música, nesta ocasión falamos da Exposición de Manuel Uxío García Barreiro.
Exhibicións, obradoiros, arte e música para viaxar ao medievo dende a orixe de moaña
O pregón será a cargo de Xavier Blanco, ás 21:00 horas, o Mestre Gaiteiro de Moaña que tamén protagoniza o Obradoiro do Gaiteiro Verde da Fundación Legar, ás 18:30h dese mesmo venres.
Tras o pregón seguirá a actuación de A. C. Salgharitas e o espectáculo de Troula Animación, un clásico xa de Moaña Antiqua e que visita a Feira por cuarta vez. Nesta ocasión faino co seu número “Lume”, ás 22:45 horas, seguidos dunha foliada popular a partires das 23:50 da noite, no adro de abaixo. Unha festa que se repetirá o día seguinte.

As xustas a cabalo, unha das actividades xenlleiras de Moaña Antiqua / Diego Seixo
Xullo comeza o sábado 1, coa apertura da Feira ás once da mañá, seguida dunha hora de xogos temáticos para toda a familia coas actividades infantís organizadas pola Asociación Trebellos, que continuarán tamén pola tarde a partires das 17h. Mentres, a mediodía poderemos disfrutar da actuación da A.C.F. Solaina e unha demostración de cetraría con Falcóns Galicia, tanto pola mañá como pola tarde.
Troula, un clásico na programación de Moaña AntiQua, visítanos por cuarta vez cun novo espectáculo: “Lume"
Ademáis, ese mesmo sábado, ás 19 horas, terá lugar unha das actividades xenlleiras de Moaña Antiqua, a representación de combates medievais, as Xustas a cabalo, con diferentes demostracións e probas de habilidade, que se pecharán cunha sesión de adivinación coa Pitonisa Felisa, que atenderá as persoas curiosas dende as 19h ata as 21h.
Ás 20:45 chega o momento da cultura, coa presentación oficial do libro “Igrexa de San Martiño de Moaña, arte e historia”de Manuel Uxío García Barreiro.

Anxo Lorenzo, coa súa banda, o concerto estrela das festas. / Diego Seixo
Pola noite, concerto de Anxo Lorenzo coa súa banda, un dos gaiteiros moañeses máis internacionais, ás 22:30h, antes da foliada.
Fin de Festa: domingo 2 de xullo
O derradeiro día de festas, pero non por iso menos importante, comeza coa Ruta de San Martiño, coa Asociación A Illa dos Ratos, ás 10:30h, antes da apertura da Feira media hora despois.

A Feira de Moaña Antiqua, chega á súa VIII Edición. / Diego Seixo
A asociación Trebellos volve encher a mañá coas súas actividades e divertimentos infantís, mentres que A. C. Charaviscas de Domaio pon a nota musical á hora do vermú. Pola tarde, repetimos a demostración de Cetraría e as prediccións da Pitonisa Felisa, que dan paso ao teatro do Dúo Vaguedades (Isabel Risco e Fran Rei) ás 19:30h, un dos eventos estrela desta edición.
Pola noite, concerto de Anxo Lorenzo coa súa banda, un dos gaiteiros moañeses máis internacionais
Ademais, esta edición de Moaña Antiqua contará con zona de lecer na carballeira situada na contorna de San Martiño. Aí, todos os visitantes poderán gozar de primeira man do traballo dos artesáns nos seus propios talleres e observar como elaboran as súas pezas en directo.
Estes obradoiros estarán acompañados de tabernas, polbeira, postos de antigüidades e zona de actividades para á mocidade, de balde. Así, Moaña viaxa varios séculos no pasado, e nós nos mergullamos na súa historia medieval a través das mellores actividades culturais.
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- «Cosas que no tienen sentido en Vigo»: la retranca de este creador de contenidos que conquista las redes
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- Dos vecinos de Redondela encuentran una bolsa con 300 euros y se la devuelven a una peregrina: «No lo dudaron ni un segundo»
- Crecen en Vigo las demandas de padres divorciados que van a la vía judicial para liberarse de pagar la pensión a sus hijos
- El mercado de la compraventa de vivienda en Vigo confirma su frenazo: las transacciones siguen en caída libre ante unos precios disparados
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
