Festas San Paio 2023

A Estrada, unha parada nos Camiños

Tres rutas xacobeas atravesan o concello estradense no seu percorrido cara Santiago

Un grupo de peregrinos ao seu paso polo Camiño da Geira e dos Arrieiros

Un grupo de peregrinos ao seu paso polo Camiño da Geira e dos Arrieiros / // Bernabé/FdV

M.González

Na actualidade, ata tres rutas a Compostela atravesan o territorio estradense: Camiño da Geira e dos Arrieiros, Camiño Miñoto Ribeiro e o Camiño Sanabrés.

O Camiño de Santiago da Geira Romana e dos Arrieiros é unha das Rutas Xacobeas que usaban os peregrinos portugueses para chegar a Compostela. Marcado pola dureza, a beleza e a autenticidade, trátase dunha alternativa aos camiños costeiros que, en vez de entrar en Galicia cruzando o río Miño, utilizaban a antiga calzada romana que comunicaba Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) e logo as rutas dos arrieiros ata Santiago.

Vista do Pazo de Oca, na ruta do Camiño Sanabrés.

Vista do Pazo de Oca, na ruta do Camiño Sanabrés. / Turismo A EstradaPazo de Oca - A Estrada

Conta cun total de 240 quilómetros repartidos en 10 etapas, con punto de partida en Braga, e ideal para peregrinos experimentados que foxen da masificación dos camiños máis concorridos. A Estrada acumula 32 quilómetros desta ruta.

O Camiño Sanabrés é unha prolongación da Vía da Prata,e no Concello da Estrada pasa moi próximo ao pazo de Oca e ao pé do miradoiro de san Miguel de Castro, a tan só 23 quilómetros de Compostela.

Sinalización no Camiño Miñoto Ribeiro. 


Sinalización no Camiño Miñoto Ribeiro. / // Bernabé/FdV

O Camiño Miñoto Ribeiro e outro dos camiños que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Consta de varios ramais que penetran en Galicia por Cevide, tras pasar por Monçao e Melgaço, xuntándose nunha única vía que comparte partes do trazado co Camiño da Geira e dos Arrieiros.