Os ‘peques’ do Morrazo, a piques de mergullarse no tempo estival!
O campamento do Real Club Náutico Rodeira volve este verán cos mellores plans de vela, polo ou windsurf

Á iniciaición nos deportes náuticos únenese excursións e actividades en grupo para coñecer de preto a contorna. / Cedidas - Real Club Náutico Rodeira
Deporte, natureza, mar, aire libre e amigos. E aínda por riba na fermosa contorna das praias e camiños da península do Morrazo!
Non hai mellor plan para o verán e senón que llo digan ao Real Club Náutico Rodeira, en Cangas, que un ano máis volve co seu campamento estival para ofrecer o deporte náutico máis divertido e seguro a tódolos cativos da comarca.
Como xa é tradición, os meses de xullo e agosto son sinónimo de Campamento Náutico e cursos de verán en Rodeira, coa vela, o windsurf ou o piragüismo como algúns exemplos das actividades estrela, aínda hai moitas máis.

Á iniciaición nos deportes náuticos únenese excursións e actividades en grupo para coñecer de preto a contorna. / Cedidas - Real Club Náutico Rodeira
Multitude de actividades en grupo
Manualidades, navegación, excursións, obradoiros, actividades en inglés… e moitas outras aventuras en grupo agardan desde o 26 de xuño ata o 1 de setembro aos cativos de 6 a 15 anos interesados.
Unha proposta a través da que poderán iniciarse en diversos deportes náuticos coma o piragüismo, a vela, o windsurf ou o kaiak, ademais de compartir tempo con novos amigos e amigas, aprender idiomas ou coñecer mellor e máis de preto a contorna do Morrazo.
A aposta, totalmente lúdica, está deseñada para que os máis pequenos da casa gocen da tempada estival ao tempo que os maiores o teñen “un pouco máis fácil” á hora de compaxinar a vida laboral coa familiar tras o remate do curso escolar.
Un campamento que pode contratarse por quincenas e no que, cada ano, ducias de nenos e nenas pásano de marabilla.
Para mostra un botón porque “a proba é que a maior parte dos cativos e cativas repiten”, tal e como nos contan desde o Real Club Náutico Rodeira.
Unha cita á que se suma a posibilidadee de realizar cursos de verán específicos nos que, tanto nenos como adultos, poderán iniciarse en deportes náuticos coma piragüismo, vela, windsurf, kaiak o polo con clases semanais impartidas por profesionais do náutico.
Prezo, datas e horarios
O prezo para participar no campamento este ano é de 130 euros por quincena, comezando o 26 de xuño, para unha xornada que arranca ás 10.00 horas e remata ás 13:30 horas. coa posibilidad de deixar aos participantes 30 minutos antes cada mañá.
O único requisito para participar no campamento do Real Club Náutico de Rodeira é saber nadar.
Onde anotarse
Para calquera dúbida, a entidade náutica ten a disposición dos interesados a súa oficina do Porto Deportivo de Cangas (Avda. de Bueu, 1 Apdo. 110 36940 CANGAS - Pontevedra).
Se non podes acudir presencialmente, tamén podes contactar con eles no número de teléfono 696 445 772 ou a través do enderezo de correo electrónico cursos@nauticorodeira.com.
Por outra banda, o Rodeira continúa firme no seu propósito de achegar o deporte náutico e modalidades de competición que tantas ledicias dan ao club a tódolos públicos. Tanto cativos como adultos poderán iniciarse no piragüismo, na vela, no windsurf ou no kaiak polo. Como? Grazas aos cursos de verán específicos de cada deporte que tamén darán comezo o 26 de xuño e que se organizarán de xeito semanal. Deste xeito, todos os interesados poderán escoller o deporte que máis lles apeteza, para facer os cursos con horario de mañá de luns a venres. Os prezos varían para socios e público xeral e nalgúns deportes, como no caso da vela, farase incluso unha diferenciación por nivel dos practicantes. Outro plan diferente para este verán son as rutas guiadas en paddle surf ou kaiak, das que tamén poderá gozarse no Rodeira.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Luis Zahera defrauda en A Sementeira de Corzáns
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- La UCO escuchó al patrón de Villacarrillo 'recreando' el momento en que mató al temporero: 'Ven, que no te vas a enterar. Id preparando los curas
- Las «burras» se estrenan en redes
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- La Ciaim calcula que 19 de los 24 tripulantes del «Pitanxo» tenían COVID
Santander impulsa la proyección europea de las pymes españolas con una expedición empresarial a Bruselas

1.717 empresas optan al Premio Pyme del Año de Banco Santander y Cámara de España

