O acompañamento como alicerce da ensinanza

O Colexio Filipense aposta pola continuidade na formación integral: “É emocionante velos medrar, dende as primeiras verbas ata á elocuencia da ESO”

Continuidade na formación integral e académica, sinais de identidade do colexio e motivo de tranquilidade para as familias.

Continuidade na formación integral e académica, sinais de identidade do colexio e motivo de tranquilidade para as familias. / FARO

CPR Plurilingüe Filipense Sagrada Familia ofrece ás familias dos Salnés unha continuidade na formación integral e académica dos seus fillos, dous dos trazos diferenciadores do centro, tal e como nos comenta unha nai:“Foi un luxo que acompañaran á miña filla dende os 3 anos ata os 16; o colexio converteuse na nosa segunda casa”

De feito, a transición entre as diferentes etapas faise dun xeito moi natural. A interacción no mesmo espazo físico durante un amplo e importantísimo período de tempo, xunto coa coordinación estreita entre os distintos profesionais que os acompañan na súa andaina, son algunhas das claves que garanten esta apacible continuidade. Non hai cambios bruscos e isto proporciona moita tranquilidade

Acompañamento durante toda unha vida escolar

O acompañamento de toda unha vida escolar comeza no instante en que os pais ou titores dos alumnos máis pequenos do colexio confían no centro para que asuma a formación integral dos seus fillos. Nese intre, os rapaces e os seus profesores comezarán un proceso de adaptación e coñecemento que se prolongará nas primeiras semanas de Infantil e rematará ao final da ESO, momento no que recibirán unha orientación académico-profesional individualizada, imprescindible e necesaria para unha correcta toma de decisións, que inevitablemente van condicionar o seu futuro académico. 

Orientación académico-profesional individualizada

Por este motivo, “ofrecemos información e realizamos diferentes entrevistas individualizadas que nos permiten elaborar un perfil persoal cuxo obxectivo é orientar ao alumnado nas súas preferencias e posibilidades de cara ao futuro académico e laboral. Este servizo tan completo é un elemento diferenciador do noso colexio” expón a orientadora.

A importancia do diálogo e o poder da palabra

O diálogo e o poder da palabra son os instrumentos nos que se vertebra un dos piares da educación no centro arousán: a formación de persoas no amplo sentido da palabra, competentes social e academicamente. A formación específica dos equipos de axuda, integrados por rapaces da ESO, son unha boa mostra de que os conflitos do día a día deben e poden resolverse mediante o diálogo, incidindo favorablemente na convivencia do colexio

En palabras dunha profesora de Secundaria: “É emocionante velos medrar, dende que pronuncian as primeiras verbas á elocuencia que amosan os estudantes da ESO na arte da oratoria”.

Para saber máis

Podes coñecelo durante as visitas guiadas para familias os sábados 25 de febreiro e 4 de marzo ou os luns 27 de febreiro e 6 de marzo.

Pide cita no: 986 50 03 75.

Ou entra nesta ligazón.