Poio vive o Nadal
A vila vístese de gala para celebrar o Nadal con toda a familia

Máis de 30 actividades para celebrar o Nadal en Poio. / Cedida
Dende o pasado 11 de decembro e ata xaneiro, coa visita dos Reis Magos, Poio presenta máis de 30 actividades coas que celebrar o Nadal.
Diversión de Nadal, na Seca
Karts a pedais, quads, minis eléctricos, seaways... Vive o Nadal en Poio iniciou a principios de mes as actividades lúdicas infantís, que dan paso, por segundo ano consecutivo, á instalación da gran Carpa de Nadal, na que, dende o próximo luns 26 de decembro se impartirán os obradoiros O Nadal na túa man, organizados pola Concellería de Mocidade ata o 28 de decembro.

Poio xa está preparado para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. / Cedida
Tras o Concerto de Panxoliñas da Coral de Poio e a Papanoelada Moteira polas estradas do Concello, estamos a piques de que chegue Papá Noel a visitarnos. Os seus trasnos xa estiveron paseando polas escolas do lugar, preparando a nenos e nenas para disfrutar do programa de actividades, que segundo a titular de Cultura, Raquel Rodríguez, "é un dos máis completos da bisbarra".
O mércores 28, asemade, será o espectáculo musical a cargo dos Trasnos do Nadal, ás 18.15 horas. Previamente, procederase á entrega de premios ás rapazas gañadoras do Concurso de Tarxetas de Nadal. O xoves 29 será outra das grandes datas, co espectáculo de maxia e ilusionismo a cargo do Mago Paco, ás 18 horas.

Un momento durante a presentación do programa de Nadal de Poio. / Cedida
A Carpa da Seca será tamén o escenario para a recepción dos Reis Magos, o xoves 5 de xaneiro de 17 h a 20 h, ambientado con música e obradoiros (antes de que marchen polas casas da vila repartindo agasallos), aínda que como adiantou Raquel Rodríguez, chegarán a Poio, cunha visita matinal ás parroquias desde as 11.00 horas.
Volven as Uvas e Badaladas de San Martiño
Un dos grandes atractivos da programación de Vive o Nadal en Poio! será a recuperación das Badaladas de San Martiño, o día 30 de decembro ás 20.00 horas.
Unha gran festa que se anticipa á despedida oficial do 2022 e na que haberá degustación de rosca e chocolate e moita música. Dende a organización animan á veciñanza a achegarse con instrumentos musicais para vivir unha gran foliada.

A visita dos Reis Magos o ano pasado. / Cedida
Moita música!
E por suposto, a programación de actividades non estaría completa sen concertos! A Carpa da Seca recibe distintas citas musicais tras o Aninovo.
O luns, 2 de xaneiro con La Ocaband, ás 19:30h. E ao día seguinte, o martes, 3, visítanos Javi Solla, coa súa festa infantil de 17h a 19:30h. Por último, o Cantar de Reis con Máis Cantos o mércores 4 ás 18 h.
Recorda, vive o Nadal en Poio!
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- El cultivo de la cebada se extiende por Galicia: Hijos de Rivera se alía con 27 agricultores de A Limia y alcanza las 850 hectáreas
- Menores con adulto y permiso parental se quedaron fuera de la platea de Castrelos para ver a Abraham Mateo: «Sé que es la ley, pero...»
- Cada año 200 profesores piden compaginar la docencia con otro puesto de trabajo
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- Dos policías nacionales salvan a una mujer que se quedó inconsciente al atragantarse en un bar de Vigo