A Estrada dá comezo a cinco días cargados de actividades
As Festas de San Paio regresan á capital estradense cunha completa programación que recorda os anos prepandemia

As atraccións de feira, o ambiente nas rúas e os actos litúrxicos, voltarán á Estrada para festexar o San Paio. / BERNABE/ANA AGRA
Moncho González
Cun orzamento de 150.000 euros, A Estrada confía en que o San Paio deste ano recupere a normalidade despois de dous anos de pandemia. A principal novidade da edición de 2022 será a aposta polas actividades diurnas. O Concello de A Estrada tomou as rendas da organización, e grazas á colaboración das administracións provinciais e autonómicas, puideron sacar adiante unha programación con eventos para todos os públicos, garantindo ademáis a seguridade de veciños e visitantes nunhas xornadas nas que a Policía Local recuperará o turno de noite.
As verbenas amenizadas coas mellores orquestras de Galicia súmanse ás propostas dos artistas galegos Baiuca e Xoel López, que ofrecerán sendos concertos o xoves 23 e o domingo 26, respectivamente. Non faltarán as actuacións e pasarrúas de charangas e bandas de música, así como as actuacións de numerosos artistas locais e a tradicional aportación de Treixadura.

As atraccións de feira, o ambiente nas rúas e os actos litúrxicos, voltarán á Estrada para festexar o San Paio. / Bernabé
As bombas de palenque anunciarán puntualmente cada día, ás 11.00 horas, o comezo dunha nova xornada destas festas nas que tampouco faltarán as actividades culturais, como a exposición fotográfica “O San Paio que foi”, e as deportivas, entre as que destacan a Exhibición da Escola de Baile Sondodance, a recuperación da Carreira Nocturna Estradense nas súas diferentes categorías, o 3x3 de baloncesto, a Festa da bicicleta e o Campionato Galego de Ciclismo en Ruta, ou o 3x3 de fútbol, entre outras disciplinas.
O pregón deste ano correrá a cargo do humorista David Amor, e será o venres 24 dende a Praza do Concello, xusto antes do comezo do concerto de Treixadura.

As atraccións de feira, o ambiente nas rúas e os actos litúrxicos, voltarán á Estrada para festexar o San Paio. / BERNABE/ANA AGRA
Atraccións de feira
A recén reformada Praza da Feira acollerá parte das atraccións durante as festas do San Paio deste ano. Como é habitual, as atraccións repartiranse entre a Praza da Feira, a Carballeira anexa e a leira localizada en fronte ao cruzamento da rúa Cañoteira. En total, instalaranse un total de 30 atraccións de feira que serán recolocadas respecto a os últimos anos, tendo en conta a localización do mobiliario urbano actual.
A programación do San Paio 2022 non se esquece dos máis cativos, e conta con varias actividades orientadas ao público infantil, como concertos, inchables e festas da escuma, pintacaras, zumba infantil cos Bolechas, a maiores do xa mencionado parque de atraccións de feira, que abrirá ao público cada día a partir das 18.00 horas, e que celebrará na xornada do martes 28 o seu tradicional Día do Neno, que se prolongará durante a fin de semana do 1 ao 3 de xullo. Durante estas xornadas, haberá descontos para os usuarios.
- «Nadie cuestiona que una persona con hipertensión se medique, pero sí que lo haga una con depresión»
- Portazo al trabajo por la tarde
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- Una pareja y sus tres hijos evacuados en Vigo tras intoxicarse con monóxido de carbono
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Un herido tras volcar su coche en la salida de la AP-9 hacia Moaña y Vilaboa
- Muere un escalador vigués de 47 años tras una caída de 100 metros en León