Conta atrás para o rexurdir da Rapa
As entradas para asistir ao curro do sábado 2 de xullo ás 19.00 horas, domingo 3 ás 12.00, e luns 4 ás 12.00, só se poden adquirir dende a web www.rapadasbestas.gal

A cita recupera o seo calendario habitual, a primeira fin de semana de xullo. / BERNABE/JAVIER LALIN
M.G
A 37 quilómetros de Pontevedra e a 42 de Santiago de Compostela, Sabucedo convértese a primeira fin de semana de xullo en visita obrigada para todos os amantes da natureza. A aventura do monte, a espectacularidade do curro, a ruta dos muíños, as apacibles carballeiras, os alegres bailes e a cordialidade das súas xentes fan da Rapa das Bestas unha experiencia única e inesquecible.
RapaSons inclúe unha quincena de actividades musicais, con grupos como Treixadura, o caimán do río tea, combo calada ou zënzar
A Rapa das Bestas de Sabucedo 2022 recupera a súa normalidade despois de dous anos atípicos por mor da pandemia, xa que en 2020 non se puideron rapar as bestas no curro e en 2021 a data de celebración cambiouse para finais do mes de agosto. “A pandemia foi difícil e queremos volver con todo, con forza”, asegurou o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente Monteagudo, que cualificou esta edición como “un rexurdir, un volver á vida, á esencia”. “Somos unha aldea pequena e é difícil seguir con esta tradición, na que o cabalo galego de monte é a esencia e o máis importante”, salientou Monteagudo na presentación do evento no Museo Estrella Galicia de A Coruña, o pasado 15 de xuño, antes de agradecer a colaboración de todas as administracións públicas e de patrocinadores como Estrella Galicia: “Forma parte da esencia de Sabucedo que despois de traballar hai que divertirse e é fundamental o que está a facer Estrella Galicia para que o rollo festeiro continúe en Galicia”.

Presentación da Rapa das Bestas 2022 no Museo Estrella Galicia de A Coruña. / Wecom
A Rapa 2022 comezará o venres 30 de xuño ás 21.30 coa décimo primeira edición da Gala na honra dos Aloitadores e o venres 1 de xullo ás 7.00 horas sairase cara ao monte na procura das bestas. As citas de maior interese son os curros do sábado 2 de xullo ás 19.00 horas e do domingo 3 e o luns 4 ás 12.00 horas, para os que aínda se poden mercar entradas a través da páxina web www.rapadasbestas.gal.
Ademais de visitas turísticas guiadas pola parroquia e de exposicións permanentes, a dinamización da fin de semana chegará cunha nova edición do festival RapaSons, que inclúe unha quincena de actividades musicais entre as que destacan grupos como Treixadura, O caimán do río Tea, Combo Calada ou Zënzar.

Un aloitador entre as bestas, nun curro de 2021. / BERNABE/JAVIER LALIN
Interese Internacional
Fotógrafos e produtoras de Corea do Sur, China, Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Portugal e de diferentes puntos de España xa están acreditados para cubrir a edición deste ano. Declarada de Interese Turístico Internacional no 2007 pola súa singularidade e beleza, a Rapa das Bestas de Sabucedo atrae cada ano a milleiros de persoas. A busca e rodeo das greas, a baixa e o curro, onde os aloitadores manteñen unha singular e nobre loita co cabalo, fan que esta romaría, unha das máis antigas de Galicia, sexa para o visitante un auténtico espectáculo festivo.
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Mediaset emite un comunicado sobre el futuro de 'Reacción en cadena' en Telecinco
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- Cuatro años de cárcel para una mujer por abusar de un menor en Ourense: le pidió que mantuvieran la relación en secreto