Mobilidade inclusiva: espazo público para todas e todos
O uso de plataformas únicas, entre as chaves

Garantir a mobilidade inclusiva é o terceiro dos dez principios que sustentan a esencia da Rede Ágora / Cedida
“O espazo público é o único que é de todos e todas, sen distinción de raza, xénero, idade, condición social, capacidade física ou psíquica. É obriga dos concellos garantir a accesibilidade universal aos espazos públicos, promovéndoos como elementos de equidade e inclusión social. Atenderase de xeito prioritario as necesidades dos colectivos máis vulnerables: nenos e nenas, persoas maiores e persoas con diversidade funcional”.
Garantir a mobilidade inclusiva é o terceiro dos dez principios que sustentan a esencia da Rede Ágora, a iniciativa da Deputación de Pontevedra que está a acompañar aos concellos da provincia na súa meta de converterse na “cidade ideal para vivir”, apostando deste xeito por construírse coma “espazos amables, seguros e inclusivos” e tratando de asumir sempre “os deseños urbanos dende a perspectiva das persoas máis vulnerables e con menos recursos”.
“Hai que pensar os espazos para que os colectivos vulnerables da sociedade poidan ser usuarios, pensar en nenos e nenas, persoas con discapacidade, nesas persoas maiores ou que non teñen condicións sociais para acceder a outro tipo de espazos que precisan unha capacidade económica maior”, resume neste senso o deputado de Mobilidade e ideólogo da Rede Ágora Uxío Benítez.
Pau Avellaneda expón o obxectivo 8:80: "Crear vilas e cidades que sirvan para os nenos e nenas de menos de oito anos, pero tamén para os maiores de 80."
“Evidentemente, estando preparada para estes colectivos está preparada para todo o mundo. Son cidades e vilas nas que un pode camiñar tranquilo pola rúa, onde un pode xogar, onde pode pasear e sobre todo onde un non teña medo de saír á rúa… Son cidades que se parecen máis ao campo que á cidade no sentido de cidade amable, tranquila, que te acolle, te respecta…”
Ademais disto, e tal e como considera o xeógrafo Màrius Navazo, é importante ter a vontade de cumprir coa accesibilidade en todo o espazo e non só “nas migallas” dos ocos que deixan os coches. Neste senso, apunta ás plataformas únicas -rúas ao mesmo nivel onde non hai distinción entre calzada e beirarrúa e normalmente de preferencia peonil- como ferramentas de deseño que promoven a inclusión social, pois aportan seguranza e comodidade aos colectivos máis vulnerables.
Unha aposta imprescindible para toda a sociedade e non só para uns poucos, tal e como recorda o director de Cogami, Anxo Queiruga: “A accesibilidade non vai en contra de ninguén e debería estar interiorizada por todo o mundo. Calquera persoa pode de maneira temporal ter un problema de mobilidade, operarse dunha cadeira ou caer e romper unha perna, e verse afectado polos problemas que xeran os deseños non accesibles”.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras
- El TSXG otorga 250.000 euros de indemnización a un paciente que sufrió una demora «negligente» en ser intervenido de un ictus por falta de camas en el hospital Álvaro Cunqueiro
- De récord en récord: los extranjeros copan más del 65% de los nuevos empleos creados en Galicia
- Así son los MG, los coches chinos de la otrora marca británica que SAIC apunta a fabricar en Galicia
- Renfe activa los billetes para la deslumbrante Ruta de los Faros de los Trenes Turísticos de Galicia
- Pontevedra, sexta provincia de España donde más pagan los seguros en servicios sanitarios a víctimas de tráfico
