Entroido en Vilanova

Chega a Operación Momo 2022

A famosa Festa de Vilanova terá lugar o 6 de marzo, tras dous anos de festexos virtuais

A Operación Momo 2022, encargada das festas en Vilanova de Arousa

A Operación Momo 2022, encargada das festas en Vilanova de Arousa / Festa do Momo

Cos datos da pandemia deixando paso ao optimismo, o misterioso Momo de Vilanova finalmente terá a súa festa presencial. A Xunta de Galicia decidiu relaxar as restriccións, polo que a organización de o Concello apostan por volver a saír a rúa, que é onde verdaderamente se disfruta a Festa do Momo.

“Atendendo a estas novas medidas, o Entroido está seguro e, polo tanto, tamén a Festa do Momo, un dous eventos máis importantes do municipio” comenta o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que aproveitou tamén para recordar que as normas de afastamento social e de mascarillas deben cumplirse igualmente, dentro da normalidade que se busca para o Momo de 2022.

A Operación Momo 2022 foi a encargada de anunciar o evento, colgando un vídeo en facebook cunha clara declaración de intencións: "o domingo, en Vilanova, ímola armar". Firmando con un #nonáguerra, anúnciase que o Entroido debe continuar, pois serve precisamente para traer diversión en tempos convulsos, e anima a enfocar este entroido "con sentido do humor".

Así, o Momo porá o Broche de Oro ao Entroido galego co clásico Domingo de Piñata, que terá lugar o 6 de marzo co que, todo apunta, serán os datos de incidencia sanitaria máis baixos (tanto de contaxios como hospitalarios), ademais de recuperar o clásico Desfile, ás 17:00 horas.

A volta do Entroido ás rúas

A derradeira vez que o Momo saiu ás rúas foi o 8 de marzo do 2020, con unha abraiante figura do submarino de Aldán e o Capitán Nemo.

O ano pasado, o Momo celebrouse de forma virtual, quemando unha figura do coronavirus xunto a Franco, un obispo e a imaxe do asalto ao Capitolio de Estados Unidos (incluíndo un vídeo que arrasou en redes sociais onde o golpe tiña lugar no Concello vilanovés co secuestro do alcalde).

A organización quere volver a conseguir ese efecto, e garda moitas sorpresas para os que se acheguen a Vilanova no Domingo de Piñata.

De feito, aínda non se desvelou o protagonista do Momo de 2022, que segundo a tradición, será quemado no paseo marítimo de O Cabo. Na meirande parte das ocasións, o Momo foi unha figura política, pero non se salvan da súa crítica os protagonistas das historias sociais.

No aire está aínda o número de persoas que participarán no desfile e como se articulará.

Tracking Pixel Contents