Anuario Deza 2021

A comarca rende tributo a Xela Arias polas Letras Galegas

Deza e Tabeirós - Montes celebran o día das Letras con actos de homenaxe á autora

Celebración do Serán das Letras no Salón Teatro de Lalín.

Celebración do Serán das Letras no Salón Teatro de Lalín. / BERNABE/ANA AGRA

M.G.

Deza/ Tabeirós

A veciñanza das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes saíron á rúa para reivindicar o idioma e homenaxear a Xela Arias, a poeta á que este ano se lle adicou o día das Letras Galegas.

A Alameda estradense recibíu ao escritor Antonio García Teijeiro como pregoeiro dos actos de homenaxe. O autor vigués, recordou no seu discurso a necesidade de reivindicar o idioma e de conseguir que o galego se normalice naqueles eidos nos que aínda está desprazado. Tamén lembrou a súa experiencia de castelánfalante e como el mesmo decidiu mudar de lingua e escolleu o galego como o idioma máis identitario. No seu discurso, que rematou con verbas de Celso Emilio Ferreiro, non faltaron eloxios á figura de Xela Arias.

No caso de Lalín, a quinta edición do Serán das Letras, cuxo emprazamento orixinal era a Carballeira de Rodo, tivo que trasladarse por mor da chuvia, e tamén encheu de música e ambiente festivo o municipio dezano. O acto presentouno o poeta e contacontos lalinense Celso Fernández Sanmartín.

TEMAS

  • Deza
  • Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
  • Das
  • Alameda
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Antonio García Teijeiro
  • Día das Letras Galegas
Tracking Pixel Contents