Cunha traxectoria de 20 anos no mundo da reparación do automóbil, Multimarca O Castro conta na actualidade con talleres nas localidades de Lalín, Pontevedra e Vigo.
O enfoque de negocio baséase principalmente nun servizo integral vencellado ao automóbil, que vai desde o servizo de recollida porta a porta, mantemento preventivo (filtros, aceite, freos, embragues, correas, baterías, amortiguadores, suspensión, transmisión, escobillas, escapes...) diagnoses de avarías mecánicas e reparación das mesmas en xeral, electromecánica, neumáticos, carrocería e pintura, servizos pre-itv, etc.
Contan cunha dilatada experiencia en equipamento de accesorios para vehículos: ganchos, cabrestantes, had-top, pontes e barras luminosas, autocar-play, panelados, equipamento mobiliario para furgonetas adaptado a cada profesión con deseño personalizado…
“A diversidade dos nosos clientes, pertencendo moitos deles ao segmento empresarial e multinacionais do sector do renting, permitiunos desenvolver unha consolidada experiencia na reparación de vehículos de distintas marcas, e obríganos a estar continuamente actualizados, xa que os nosos principais clientes contan na súa frota con vehículos moi novos (a media de idade dos vehículos que reparamos está nos tres anos de antigüidade); levamos anos traballando en vehículos híbridos e o vehículo eléctrico empeza xa a aparecer nos nosos talleres discretamente, isto permítenos tamén ofrecer este tipo de servizo a calquera cliente particular cunha total garantía de confianza na reparación xa que son moitos os vehículos que se reparan día a día e de moi diversas marcas”, aseguran dende a empresa.
A filosofía de traballo, baixo o paraugas da Rede Bosch (unha das de máis dilatada experiencia no sector), baséase nunha atención personalizada ao cliente, un servizo profesional con técnicos cualificados e en constante formación para adaptarse ás novidades do sector, procesos baseados na mellora continua e o investimento tecnolóxico en equipamento e diagnose.
Gracias a formar parte da Rede Bosch, os compoñentes, lubricantes e recambios empregados en Multimarca O Castro son de primeiro nivel . Unha gran maioría dos compoñentes que utilizan os fabricantes de vehículos e servizos oficiais son fabricados por Bosch coa súa imaxe de marca, isto garante a calidade de reparación igual á da propia marca coa garantía Bosch e a unha mellor relación calidade-prezo. “Como taller apostamos sempre por calidade de primeira marca tanto en recambios como en lubricantes, porque sabemos que é a mellor maneira de alongar a vida útil dos coches e evitar outras reparacións máis custosas, e por suposto sempre baixo os parámetros de mantemento fixados pola propia marca para que o cliente nunca teña problema coa garantía do seu vehículo”. A Rede achega tamén sinerxias en canto a accesos necesarios para a diagnose e reparación de vehículos de todas as marcas, algo complicado a dia de hoxe para moitos outros talleres independentes, e mesmo doutras redes.
No apartado de carrocería e pintura empregan pinturas de primeira marca Glassuritt, que garanten a calidade de acabado.
“Todas estas sinerxias permítennos ofrecer, dado o volume e diversidade de vehículos que traballamos, achegar a calquera cliente particular que traia o coche ao noso taller a mellor relación calidade- prezo, sen perder a garantía do fabricante,e por suposto, selando o libro de mantemento ben físico ou dixitalmente”.
Desde a dirección de Multimarca O Castro queren resaltar que “o que máis nos gusta apuntar, é o gran equipo de profesionais co que contamos, que é un gran piar onde cada un fai o seu labor como especialista nunha área ou reparación e é parte fundamental no proxecto, onde nos complementamos en experiencia e achegas no día a día. Sen todos e cada un deles, isto non sería o mesmo e desde aquí o noso agradecemento a todos eles, e por suposto o agradecemento a todos os clientes e colaboradores que confian na nosa labor profesional ao longo dos anos. Seguiremos apostando pola mellora continua e a formación para ofrecerlles o mellor servizo”.