É unha estampa habitual, e máis durante os meses de verán. Cada día, milleiros de peregrinos percorren as rúas da cidade. O Camiño Portugués é un dos itinerarios máis populares do Camiño de Santiago. Tras o seu comezo no sur de Portugal e pasar polas cidades de Lisboa e Oporto, este camiño portugués central fai a súa entrada en Galicia a través do municipio de Tui. Existe ademais unha variante desta ruta tradicional pola costa que parte da cidade de Oporto e que se adentra en Galicia pola desembocadura do rio Miño, en A Garda, e máis tarde na localidade de Baiona. A partir de Redondela, ambos itinerarios únense cara a cidade de Pontevedra, donde o santuario da Virxe Peregrina os agarda como un dos principais reclamos desta etapa.
O crecemento e o éxito do Camiño Portugés queda patente nos últimos datos rexistrados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago, que confirma a chegada de 18.091 entre as duas variantes (a tradicional e a costeira). Este dato supón un incremento dun 35 % con respeto aos 13.367 de hai catro anos, cifras anteriores á pandemia por mor da COVID-19. Tamén chama a atención que este aumento é moito maior que o do Camiño Francés, onde se pasou de 27.805 a 28.601 no mesmo período comparativo.
O albergue público “Virxe Peregrina”, na entrada da cidade, a carón das estacións de tren e autobuses, recuperou recentemente as 86 prazas dispoñibles despois dunha reforma. O establecemento conta con prezos simbólicos e é atendido por hospitaleiros, persoas que de xeito desinteresado asesoran e coordinan a hospedaxe dos peregrinos que deciden facer noite na Boa Vila. Este albergue foi o primeiro en abrir as súas portas en Pontevedra, e foi impulsado pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago. Hoxe en día, e coñecedores do auxe desta ruta xacobea, son numerosos os albergues de iniciativa privada que ofrecen numerosas prazas para os camiñantes ao seu paso pola considerada como a capital do Camiño Portugués. Tanto é así que, a dia de hoxe, e según o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), son xa unha ducia de albergues de este tipo, a gran maioría na zona monumental ou na mesma ruta do Camiño de Santiago. Neste caso, entre todos suman capacidade para un total de 361 plazas.
Mención especial merece o barrio do Gorgullón, que en pouco tempo convertiuse nunha zona de referencia para pernoctar na cidade do Lérez. A súa oferta de albergues e “hostels” fixo que, ao marxe dos peregrinos do Camiño de Santiago, a zona se convertese nun gran atractivo para o turismo xuvenil que demanda este tipo de instalacións funcionais, cómodas, prácticas, sen grandes luxos e, sobre todo, a prezos máis económicos. Tanto é así que se poden atopar opcións por tan so 15 euros, nunha rúa que, ademáis, se atopa a pouca distancia do centro neurálxico da cidade e do emblema local da capital do Camiño Portugués, o Santuario da Virxe Peregrina, que ademáis sirve de porta de aceso ao casco histórico.
A Novena da Virxe Peregrina continúa ata o domingo 13
Desde o pasado día 3, a Cofradía da Virxe da Peregrina convida aos fieis a acudir aos actos litúrxicos que se veñen celebrando no Santuario da Peregrina. Centos de peregrinos aproveitan o seu paso pola Boa Vila durante estes días para escoitar os oficios enmarcados dentro da Novena na honra da Virxe Peregrina.
Para a xornada de hoxe, víspera da Festividade da Virxe Peregrina, está previsto, a partir das 13.00 horas, o traslado da carroza e ofrenda floral realizada polo Excmo. Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis. Ás 19.00 horas oficiarase o Rezo do Santo Rosario para dar paso, ás 19.30 horas, ás Solemnes Vísperas e celebración da Eucaristía.
Mañá, domingo de Solemnidade da Virxe Peregrina, celebrarase Eucaristía ás 9.30 e ás 19.00 horas. Ás 12.00 Misa Pontificial presidida polo Excmo. e Rvdmo. Arzovispo de Santiago. Ás 18.30 rezarase o Santo Rosario e, para pechar os actos litúrxicos, procesión da Virxe ás 21.00 horas.