Educando para o futuro

 Referente da Formación Profesional en Vigo, a labor do IES A Guía foi premiada en diferentes ocasións

Educando para o futuro.

Educando para o futuro. / E. E.

Proxectos, innovación, traballo cooperativo, Erasmus+, instalacións deportivas e moito máis suman forzas no centro de ensino público IES A Guía, situado no barrio vigués de Teis, ao pé do monte da Guía, nunha contorna privilexiada para a aprendizaxe vivencial.

Aprendizaxe experiencial, e premiado

Baixo o lema “Educando para o futuro” e referente da Formación Profesional en Vigo, a súa labor vén de ser premiada con importantes galardóns os últimos anos, coma o Premio Business Talents 2022, no que catro dos seus alumnos demostraron ser os mellores empresarios virtuais do país entre os máis de 200 universitarios e estudantes de Grado Superior que se presentaron ao campionato educativo.

Por outro lado, o pasado 24 de maio, tivo lugar a entrega de premios do concurso ELEVAT-V en Ponferrada, onde o centro gañou o 1º premio co proxecto DEPOENXEBRE, realizado por tres alumnos do 2º curso do Ciclo Superior de Acondionamento Físico. E se seguimos con victorias, pois o IES A Guía é fogar dos semifinalistas e gañadores da III Olimpíada de Enxeñería na Edificación: Construíndo con inxenio organizado pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade de A Coruña a nivel autonómico, no marco da Conferencia de Directores de Arquitectura Técnica e Enxeñería de Edificación. Tras defender os seus proxectos para edificar unha vivenda de construcción sostible e máxima eficiencia enerxética, o xurado nomeou gañador ao equipo INNOVA_DAAS.

Ademais e no que respecta á Formación Profesional, destacan co seu CS Acondicionamento Físico, onde sobresaen con outro aval como é o Premio á Innovación na FP 2022 grazas a creación de recursos metodolóxicos para a aprendizaxe do soporte vital básico e a súa aplicación na contorna educativa.

Único centro de Galicia que oferta todos os ciclos da familia de Comercio

Por outra banda, o IES A Guía é o único centro de Galicia que oferta todos os ciclos da familia de Comercio:

CB Servizos comerciais

CM Actividades comerciais

CM Comercialización de produtos alimentarios (D)

CS Xestión de vendas e espazos comerciais (O/D)

CS Comercio internacional

CS Marketing e publicidade

CS Transporte e loxística (adultos)

Ademais do 2º CS Xestión de vendas a distancia, que acaba de incorporarse a súa oferta educativa.

Para saber máis e inscribirte nalgún destes ciclos podes entrar na páxina web escribir ao correo ies.guia@edu.xunta.gal, ou chamar ao teléfono 886 111 003.