X FEIRA DA SIDRA

Tempo de sidra na Estrada

Un total de 21 lagares acuden este sábado á súa cita coa Estrada no marco da décima edición da Feira da Sidra, que aspira a converterse en Festa de Interes Turístico en Galicia

A cita repite ubicación e terá lugar na Praza da Constitución.

A cita repite ubicación e terá lugar na Praza da Constitución. / BERNABE/JAVIER LALIN

M. González

Tan so dúas semanas despois da Festa do Salmón, A Estrada continúa coa súa particular maratón festiva. Este sábado 3 de xuño arranca na capital estradense unha nova edición da Feira da Sidra, adacadando este 2023 a súa décima edición.

Será ás 12.00 horas cando se de o pistoletazo de saída a un evento xa consolidado no calendario festivo estradense e que aspira a converterse, máis cedo que tarde, nunha nova Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ambiente nunha edición anterior.

Ambiente nunha edición anterior. / BERNABE/JAVIER LALIN

A programación contempla que a degustación matutina se prolongue ata as 15.00 horas, e estará amenizada polo grupo Galifunk. Reanudarase a partir das 19.00 horas, ata as 21.00 horas ou fin de existencias, e haberá concerto a cargo de Xurxo Fernándes. Tamén ás 19.00 horas terá lugar a entrega do Grolo de Ouro.

Os organizadores teñen preparados 4.000 litros entre os diferentes caldos, e o prezo do vaso conmemorativo desta edición será de 7 euros, con dereito a rechear as veces que se queira durante toda a xornada.

Un dos participantes na edición do ano pasado, escanciando sidra.

Un dos participantes na edición do ano pasado, escanciando sidra. / BERNABE/JAVIER LALIN

Este ano tamén haberá venta de petiscos, a 4 euros, e racións a 7 euros, a cargo da Asociación de Hosteleiros de A Estrada, con establecementos que terán os seus postos na Praza do Concello con unha morea de opcións para acompañar aos grolos. Velis Nolis, Samaná, Río Liñares, Navegación, La Bombilla, O Xulia e Gran Vía serán os encargados destas elaboracións coa sidra e as mazás como protagonistas.

Ademáis, nesta décima edición haberá actividades para todos os gustos, posto que a maiores da degustación, os concertos e os petiscos, A Estrada tamén ofrece artesanía, pica discos e pintacaras , dentro do Mercado na Sidra organizado por ONyVÁ, entre as 12:00 e as 20:00 horas na alameda municipal.