Eureka: en crepe e con gambas

Crepe de salmón con gambas.

Crepe de salmón con gambas. / Cedida

Cervexería Eureka non faltará tampouco a súa cita co Rei do Río, e desta volta participa no roteiro de tapas coa súa Crepe de Salmón con gambas. Forma parte dos establecementos que ofrecerán a súa elaboración na xornada de mañá, sábado 20, entre as 12.00 e as 15.00 horas, e as 20.00 e as 23.00 horas.

Ademáis da variada oferta gastronómica deste local estradense, nas suas instalacións conta co parque infantil Eureka Park, un espazo de lecer onde os máis cativos poderán pasar unha tarde de troula mentres os adultos disfrutan de exquisitas racións e tapas. Ademáis, este divertido espazo infantil está pensado para festexar todo tipo de eventos, festas infantís ou de cumpreanos durante todo o ano. Pizzas, hamburguesas ou bocadillos completan a súa carta, que conta ademáis cunha ampla variedade de cervexas, tanto nacionais como de importación, e todo elo nun ambente familiar e agradable na Avenida Benito Vigo, sendo dende hai anos un dos referentes da hostalaría estradense.

Avda. Benito Vigo 10, 36680 A Estrada | Tel. 986573962 Email: p.eureka@live.com.