Cervela: tradición e innovación

Pan de pita e rulo de masa quebrada.

Pan de pita e rulo de masa quebrada. / Puri Areán

Pan Cervela estará presente na tradicional degustación do domingo 21 de maio no marco da XLIX Festa do Salmón de A Estrada. Será un dos dez negocios locais que ofrecerán as súas elaboracións no día grande da cita gastronómica. Pan de pita con salmón e verduriñas e rulo de masa quebrada con pimentón, sésamo, salmón, tomate seco e crema de queixo serán as súas aportacións ao evento.

Con máis de 60 anos de longa experiencia e tradición, Pan Cervela tamén se atreve a confeccionar produtos mais novidosos, coma o pan de noces, multicereais, baguettes, baquettinas, chapata e especiais para celíacos. As empanadas de millo e trigo destacan entre a ampla opción de empanadas que Pan Cervela produce. A empanada de millo é un referente na comarca, sendo sen dúbida un dos produtos máis demandados.

Máis info: Avda. de Pontevedra, 101, 36680 A Estrada |Tel. 986570394 | Email: info@pancervela.com