X RODEIRO DE TAPAS

Arranca unha nova edición do Rodeiro de Tapas

Un total de 12 establecementos da localidade participan no certame deste ano, que se celebrará durante dúas fines de semana

Sobral e Quintá durante a presentación do certame.

Sobral e Quintá durante a presentación do certame. / FDV

M. González

Rodeiro de Tapas X Xornadas de Promoción da Caza e dos Productos Locais regresa un ano máis á capital das Terras de Camba, e faino por todo o alto. Un total de 12 establecementos hostaleiros da localidade participan na edición deste ano, a décima, para a cal estiveron asesorados pola chef Begoña Vázquez, responsable do restaurante Regueiro da Cova, en Verín, quen percorreu cada un dos restaurantes para compartir e aconsellar sobre as elaboracións. Todas e cada unha das doce propostas serán avaliadas por xurado profesional e público en xeral durante dúas fines de semana, entre hoxe e o domingo 14, e do 19 ao 21 de maio. 

Xornalistas, bloggers, cociñeiros e actores formarán o xurado profesional, que terá que escoller as tres mellores tapas tendo en conta a presentación, o sabor, a elaboración e a orixinalidade e calidade do produto.

CANTOS DE TABERNA EN RODEIRO CON CONCURSO DE TAPAS

CANTOS DE TABERNA EN RODEIRO CON CONCURSO DE TAPAS / BERNABE/ANA AGRA

Os tres primeros clasificados obterán, un ano, seis meses e tres meses, respectivamente, de suscripción gratuíta á Asociación de Empresarios de Deza -AEDEZA-. 

Pola súa banda, o público terá unha tarxeta de valoración para outorgar as súas puntuacións. Neste caso, as tres tapas elexidas determinaranse polo resultado de dividir o número total de puntos entre as papeletas depositadas na urna. En cada local onde se consuma a tapa (a un prezo de 2,50 euros) debe selarse a tarxeta. 

Ademáis, en cada negocio estará dispoñible un plano co roteiro para saber onde se atopan todos e cada un dos locais participantes. Deberán dispoñer tamén da urna e tacos de votación para que o público poida valorar a proposta. 

Entre hoxe día 12 e o domingo 14, e do 19 ao 21 de maio.

É importante saber que os locais participantes so están obrigados a servir as súas tapas nos horarios dispoñibles de 13.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00 horas

Na edición deste ano os establecementos participantes son Parrillada Maranteiro, con Laconada; O Recanto, con Seruto de Río; A Latiza, con Palomo; Gallaecia, con Tortillaca!; Desito, con Tostón recheo; Casa Sánchez, con Maripuri; Dacal, con O Nórdico; Casa Achacán, con Saturno; Bruxas e Coruxas, con Vedoira do forno; Cabaleiros do Faro, con Pastel de carrillera; As Carpinteiras, con Marisa sen prisa; e A Esmorga, con Arepa galega.

BEGOÑA VÁZQUEZ Y PABLO SOBRADO VISITAN LOCALES DE LAS TAPAS DE RODEIRO

BEGOÑA VÁZQUEZ Y PABLO SOBRADO VISITAN LOCALES DE LAS TAPAS DE RODEIRO / BEGOÑA VÁZQUEZ Y PABLO SOBRADO VISITAN LOCALES DE LAS TAPAS DE RODEIRO

Como cada ano, coas papeletas de votación, o público entrará nun sorteo dun total de 11 premios, doados por outros tantos establecementos de Deza e que se centran en lotes de produtos, xantares ou ceas para dúas personas. 

Ademáis, haberá premios especiais para os clientes que completen o pasaporte, un documento que pode atoparse tanto no propio concello como nos locais participantes. Neste eido, haberá un total de sete premios.

E por se fose pouco premio, o cliente máis activo nas redes sociais de Rodeiro de Tapas será premiado cunha noite para dúas persoas nun aloxamento de Galicia Calidade. 

Cantos de Taberna

Na edición deste ano, os organizadores quixeron recuperar os Cantos de Taberna, que comezarán na xornada do sábado 13 de maio con Charabiscas, Searas, Varacuncas, Afogapalletas e Airiños do Farelo. O sábado seguinte, o día 20, será a quenda de Sin Sons, Dakidoasma, Varacuncas, Airiños do Farelo e A Fonte de Merlán. Todos eles percorrerán os locais participantes no roteiro de tapas enchendo de música e troula as xornadas gastronómicas.