Día do Pai

Zona Centro festexa o 19 de Marzo con 600 bonos de 3x2

En colaboración co Concello de Cambados, programa inchables e concertos en sesión vermú nas rúas da vila para goce de todas as idades

Presentación da Campaña 3x2 polo Día do Pai nos establecementos de Zona Centro.

Presentación da Campaña 3x2 polo Día do Pai nos establecementos de Zona Centro. / Faro

Un ano máis, o comercio e a hostalería local de Cambados queren agradecer a confianza dos veciños e veciñas da vila nos seus establecementos cunha campaña que nolo vai por moito máis fácil a todos á hora de atopar o agasallo perfecto para festexar o Día do Pai.

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro vén de lanzar un total de 600 bonos de compra 3×2, polos que o cliente que merca un bono de 20 euros, recibe un vale regalo doutros 10 euros.

Unha iniciativa pensada especialmente para conmemorar este 19 de Marzo e que xa colleita un gran éxito entre a veciñanza, que, en menos dun día, adquiriu o 70% do total de lotes dispoñibles. 

Apostar polo comercio e a hostalaría local xenera actividade económica e emprego e benefícianos a todos, da vida á vila. Grazas por suposto a todos os veciños e veciñas por implicarse deste xeito na campaña”, di Juan Rey, presidente da asociación de comerciantes Cambados Zona Centro, que fai un primeiro gran balance da iniciativa durante os seus primeiros días de recorrido. 

Atopa ideas para conmemorar o Día do Pai nos establecementos de Zona Centro.

Atopa ideas para conmemorar o Día do Pai nos establecementos de Zona Centro. / Faro

Mercas 20 e lévaste 10

Take it Easy actuará este sábado na praza asorey mentres que Dani Barreiro porá ritmo ao vermú na praza de Alfredo Brañas o vindeiro15 de abril

  • O custo de adquisición dos bonos do Día do Pai é de 20 euros, obtendo un vale regalo por valor de 10 euros
  • Poderán empregarse nos comercios e hostalaría asociados ata o vindeiro 15 de abril 
  • Os interesados en adquirir os vales xa poden facelo nas oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4) ou en Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41), ademais de na páxina web da entidade, cubrindo un sinxelo formulario.  
  • Hai que ter en conta ademais que só se poderán adquirir un número máximo de 2 lotes de vales por DNI; é dicir: 60 euros; e que, para facelo, debemos ser maiores de 16 anos. 
  • Unha vez adquiridos, os vales poderán trocarse en calquera dos establecementos e negocios asociados a campaña do Día do Pai da asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. 

Inchables itinerantes

Juan Rey: “Apostar polo comercio e a hostalaría local xenera actividade e benefícianos a todos, da vida á vila. Grazas a todos os veciños e veciñas por implicarse deste xeito na campaña”

A proposta da asociación de comerciantes Cambados Zona Centro para festexar o Día do Pai non remata aquí e chega apoiada por actividades programadas en colaboración do Concello de Cambados e deseñadas para o goce de pequenos e maiores, con atraccións e concertos en sesión vermú. 

Deste xeito, os cativos poderán desfrutar dunha zona de inchables que recorrerá de forma itinerante a vila. Sempre e cando o tempo acompañe, estará aberta ao público:

  • Venres 17 de marzo ás 18.00 horas (praza de Ramón Cabanillas);
  • Venres, 24 de marzo (praza de Asorey);
  • Venres, 31 de marzo (alameda Santo Tomé);
  • E, finalmente, o mércores, 5 de abril (praza do Concello). 

Ademais, a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro tamén está organizando, en colaboración co Concello da localidade, dúas sesións vermú previstas para o sábado 18 de marzo e o sábado 15 de abril. 

A primeira terá lugar ás 13.00 horas na praza de Asorey e contará coa actuación do dúo Take it Easy, mentres que, xa durante o día 15, será Dani Barreiro que poña ritmo ao vermú na praza de Alfredo Brañas, tamén ás 13.00 horas. 

Desde a asociación recordan que os establecementos asociados que reciban os vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tickets ou facturas de venta, para o seu abono. Sen a copia do ticket de compra e dos vales non se fará efectivo o pago.