Día do Pai

Porque “Papá é moi grande”, o seu agasallo ten premio 
no Grove

» Emgrobes sortea un total de 600 euros divididos en 10 vales de compra polo 19 de Marzo

Presentación da campaña do Día do Pai 2023, que este ano repartirá 600 euros en vales de compra.

Presentación da campaña do Día do Pai 2023, que este ano repartirá 600 euros en vales de compra. / Faro

O comercio local de O Grove non se perde nin unha e a gran cita de veciños e visitantes co Día do Pai non ía ser menos. A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes sabe ben que “Papá e moi grande” e por iso quere festexar este 19 de Marzo con todos e todas nós da man dunha campaña na que non están a faltar os sorteos, a música e a animación para os máis pequenos. 

“Apostar por vantaxes como a cercanía e a confianza do comercio local ten beneficios para toda a vila e o seu tecido económico. Gracias por seguir apoiando aos comercios de O Grove nestes momentos que tanto o precisan”, expresan deste xeito desde a Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, onde o teñen xa todo listo para o 19 de Marzo. 

A campaña polo Día do Pai reuniu música e sorpresas para os cativos na rúa Castelao esta semana.  /

A campaña polo Día do Pai reuniu música e sorpresas para os cativos na rúa Castelao esta semana. / / Faro

600 euros en dez premios

O sorteo entre 
todos os boletos participantes realizarase o próximo mércores, 22 de marzo, na sede da asociación en Luis Casais, 1 de O Grove

A través da campaña “Porque papá é moi grande”, Emgrobes premiará as compras que se fagan hoxe e durante toda a fin de semana no comercio de cercanía polo 19 de marzo cun sorteo de vales compras aos clientes do CCa que aproveiten a ocasión para mercar algún agasallo para os seus pais ou realicen calquera outra compra nos comercios asociados á Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes estes días. 

Como suele ser o habitual, o premio ao que aspiran os participantes son bonos de compra para volver a reinvertir no comercio do CCa de tendas. 

Como participar?

Emgrobes: “Apostar polas vantaxes do comercio local ten beneficios para toda a vila, gracias por seguir apoiando aos nosos negocios nestes momentos que tanto o precisan”

Nesta ocasión, o conxunto do premio alcanzará un total de 600 euros divididos en 10 premios, dous de 100 euros e oito de 50 euros. O obxectivo é repartir a cantidade entre diferentes veciños e veciñas que logo poderán gozar destes bonos no comercio participante que eles elixan. 

Para poder participar, só terán que encher cos seus datos os boletos que poden atopar estes días nos propios comercios asociados e depositalos nas urnas para logo entrar no sorteo destes vales de compra. 

O sorteo entre todos os boletos participantes realizarase o próximo mércores, 22 de marzo, na sede da asociación en Luis Casais, 1 de O Grove. 

Ademais, a rúa Castelao, un dos epicentros comerciais da vila, acolleu esta semana unha actividade por cortesía de Emgrobes na que ambientación musical, animadores e sorpresas para os máis pequenos sumaron forzas de cara a dinamizar as rúas e agradecer aos clientes apostar un ano máis polo comercio local á hora de elixir os agasallos para as persoas que máis lles importan. 

Promotor do comercio local

Emgrobes, como promotor da economía local, anima deste xeito aos consumidores a seguir confiando no comercio de O Grove, porque poden ter multitude de beneficios, ademais da seguridade, cercanía e confianza, o reparto de premios e agasallos que sexa un incentivo máis para que os veciños continúen mercando nestes establecementos e axudando á vila e ós seus negocios nestes momentos que tanto o precisan.

Todo listo para festexar o Día do Pai coma nos gusta no Grove: en clave de proximidade.