Dous grandes concursos para premiar a imaxinación

Cerdedo e Carballedo programan os seus correspondentes desfiles con premios en metálico para os participantes

Asistentes ao Entroido no pavillón de Cerdedo.   | // FDV

Asistentes ao Entroido no pavillón de Cerdedo. | // FDV / m. g. [cerdedo cotobade]

M. G.

A programación do Entroido 2023 no Concello de Cerdedo-Cotobade xirará en torno aos dous desfiles que se celebrarán, o domingo 19 de febreiro en Cerdedo como o sábado 25 en Carballedo.

O desfile de Cerdedo sairá ás 16.00 horas desde o centro cultural, mentres que no caso de Carballedo, a saída está programada á mesma hora desde a praza da Chan. Nos dous casos, a partir das 17.00 horas, nos pavillóns de ambos os lugares participantes, o público asistente e tamén visitantes gozarán dunha festa e baile de disfraces con actividades para toda a familia.

Todas aquelas persoas e grupos que queiran participar na edición deste ano poderán facer a súa inscripción, de luns a venres nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas. No caso das parellas e individual, poden inscribirse a partir das 16.00 horas no mesmo día -19 ou 25- nunha lista que estará a disposición de calquera interesado. As inscripcións para as agrupacións, pola súa banda, remataron o pasado 16 de febreiro no caso de Cerdedo, pero aínda o poden facer no entroido de Carballedo dentro do prazo extraordinario ata o día 23

En canto aos premios en metálico oscilarán entre os 125 e 250 euros en función do número de integrantes dos grupos e a súa presenza nun ou ambos os desfiles. Tamén terán premio único os adultos –75 euros ao individual e 100 á parella– e os inscritos na categoría infantil –50 euros o individual e 75 a parella–.

Este domingo 19, ademáis, haberá concerto a cargo da Banda Xuvenil da Escola de Música de Cerdedo, ás 13.00 horas na Praza de D. Fernando García Leiro.