Como elexir colexio en Arousa

"Educamos con tenrura e firmeza"

O Colexio Filipense Sagrada Familia inicia as súas xornadas de portas abertas con actividades para as familias e visitas guiadas

Educan baixo a premisa de que familia e escola deben ir da man.

Educan baixo a premisa de que familia e escola deben ir da man. / Cedida

B.C

Dende o Colexio Filipense Sagrada Familia son conscientes da importancia da labor das escolas na formación tanto académica como persoal do alumnado. “Por isto, apostamos por un proxecto educativo asentado en dous sólidos alicerces: a tenrura e a firmeza. Educamos con tenrura, coidando as emocións e os sentimentos dos máis pequenos e respectando os seus tempos, para que no futuro se convertan en persoas felices, humanas e seguras de si mesmas” explican. “Pero tamén con firmeza, transmitindo o valor do esforzo e a perseveranza nos obxectivos diarios, bases da aprendizaxe para a vida.”

Podes coñecelo os luns 13 e 27 durante as visitas guiadas para familias; ou os sábados 11 e 25 da man dos obradoiros entre nenos, nenas, pais e nais. Pide cita no: 986 50 03 75

E é que, nesta sociedade que nos toca vivir, onde priman as novas tecnoloxías que nos transmiten celeridade, inmediatez e emocións efémeras, é fundamental inculcar aos nosos nenos a serenidade e o gozo pola natureza. No Colexio Filipense Sagrada Familia contan con máis dunha hectárea de paisaxe natural dentro do terreo do centro, “un ambiente óptimo para atoparnos con nós mesmos, traballando a interioridade e a calma; e para fomentar a observación, a investigación e a experimentación, con vivencias no noso horto e no noso bosque”. Este último conta con árbores centenarias, árbores froiteiras e unha ampla vexetación onde podemos entreternos con actividades motoras e artísticas ou simplemente gozar do pracer da lectura ao aire libre. Estas experiencias permiten que os máis pequenos analicen e comprendan os razoamentos por medio do xogo, un divertimento que tamén lles axuda a socializar e compartir momentos.

"Familia e escola deben ir da man"

“Baixo a premisa de que familia e escola deben ir da man neste mundo cada vez máis carente de valores, facilitamos a participación dos pais dentro do ámbito escolar en diferentes actividades dentro da aula de Educación Infantil e agradecemos a súa colaboración á hora de manter titorías personalizadas que, xunto co seguimento do proceso educativo, garanten a correcta aprendizaxe de cada alumno.”

Servizos do centro

O centro conta tamén con servizo de madrugadores, comedor, e actividades extraescolares, funcionando de 8:00h a 18:00h. Podes visitalos os luns 13 e 27 nas visitas guiadas para familias e nos sábados 11 e 25 para os obradoiros entre nenos, nenas, pais e nais.

Para saber máis

Pide cita no: 986 50 03 75.

Ou entra nesta ligazón.