anuario pontevedra

Pesar polo falecemento de Magín Froiz

O pelotón da Volta a Galicia homenaxeando ao fundador de Froiz.

O pelotón da Volta a Galicia homenaxeando ao fundador de Froiz. / GUSTAVO SANTOS

M. G.

Magín Alfredo Froiz Planes falecía o pasado nes de marzo no Hospital de Montecelo aos 78 anos de idade. Nado na localidade oscense de Barbastro, Froiz convertiuse nun referente do mundo empresarial pontevedrés e galego. Cunha traxectoria de máis de medio século, en 1968 fundou o grupo de distribución que leva o seu nome, situando á firma entre as primeiras 20 empresas do sector, con presenza tanto en España como en Portugal e con máis de 5.000 traballadores e máis de 300 puntos de venta.

Ademáis do seu percorrido empresarial, Froiz destacou tamén pola súa calidade humana e xenerosidade. Foi un home sempre comprometido, de xeito discreto, con varias entidades e causas sociais, así como un gran amante do deporte, en especial do ciclismo e a vela.