NAVIDAD MORRAZO 2022

“Arranca un ano máis para crecer xuntos!”

» O CPR Plurilingüe Eduardo Pondal cumple 40 anos en clave sostible e cultural, inspirado pola UNESCO

O CPR Plurilingüe Eduardo Pondal celebra o seu 40º aniversario.

O CPR Plurilingüe Eduardo Pondal celebra o seu 40º aniversario. / Cedidas

Neste curso 2022-23 o CPR Plurilingüe Eduardo Pondal no seu 40º aniversario volve ás aulas con enerxías renovadas e o firme compromiso de impartir unha educación de calidade para todas e todos. Son moitos os proxectos, moitas as propostas de transformación e, como escola pertencente á Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, non perden a perspectiva de ser laboratorio de ideas, de participar como centro dinamizador na súa contorna, de facer da experiencia de aprendizaxe un pracer para toda a comunidade educativa. Sen perder como meta que a educación debe estar asentada na equidade, a igualdade, a sustentabilidade, a cidadanía, a democracia e os dereitos humanos. 

Existe na comunidade educativa a forte crenza de que os pequenos cambios levan a grandes transformacións

Desde o estival XXXIII Encontro Estatal de escolas UNESCO tras a COVID19 celebrado este pasado mes de xuño, convídaselles a participar en novas propostas educativas dos tres ámbitos de traballo clásicos da UNESCO: Patrimonio e diálogo intercultural, Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS) e Cidadanía Global, Paz e Dereitos Humanos.  As conclusións do encontro son motivo de inspiración no seu traballo diario e queren destacar aquelas polas que o centro aposta este curso:

1- Redefinir o concepto de cidadán/á mundial, reconstruír e reimaxinar outro mundo, ver para o SUR global. 

2- Facer fincapé nas novas masculinidades, nos colectivos de homes pola igualdade. 

3- Fomentar o espírito crítico ante o aumento de discursos falaces centrados no odio.

4-Analizar a sobreprotección do alumnado por parte das familias abrindo espazos nos que se permita a expresión da dor, mellorando a tolerancia á frustración e a despenalización do erro. 

5- Empoderar as nenas e educar os nenos como aliados necesarios.

6- Loitar contra a desinformación, o secuestro do algoritmo e un novo papel das redes sociais.

7- Seguir impulsando proxectos de aula vinculados á idea de que o Patrimonio cultural está nas mans da mocidade

8- Seguir impulsando o proxecto internacional DESPLASTIFÍCATE con todo tipo de propostas. Por exemplo: a creación dun Museo do absurdo, utilizando os plásticos resultado dun sobreuso coa finalidade de expoñelos nos centros.

En definitiva, gaña importancia educar o alumnado con espírito crítico, inconformista, consciente dos seus propios sentimentos como paso previo para entender os dos demais, incitándoos a colaborar na construción dunha ética cívica común da que se sintan partícipes, unha Filosofía para pensar e traballar a conciencia colectiva. Educando para a xestión das emocións e facendo especial fincapé na frustración como aprendizaxe

O CPR Plurilingüe Eduardo Pondal celebra o seu 40º aniversario.

O CPR Plurilingüe Eduardo Pondal celebra o seu 40º aniversario. / Cedida

Proxectos do centro

O centro ten ferramentas e poderá afrontar todos estes desafíos, confía na súa experiencia e no compromiso e a sensibilización das familias. Aposta por unha titorización personalizada de cada alumno e polo respaldo de proxectos da Conselleria de Cultura e Educación como catalizadores do proceso, proxectos como EDIXGAL, que nos achega unha plataforma dixital desde o ano 2019 e 2020 convertibles dixitais desde 5º de Primaria a 4º da ESO. O centro escolar está na categoría de “senior” en SEMGAL, unha iniciativa ideal para estruturar os proxectos e darlles visibilidade exterior. Tamén participamos no novo programa inmersivo DixitalWeek,para mellorar as competencias dixitais en linguas, así como nos plans PROXECTA, Parlamento Xove (competición dialéctica a favor ou en contra dun tema de carácter actual formulado pola organización), MeteoEscolas (cuxo obxectivo é mellorar as competencias en temas ambientais), Correspondentes Xuvenís 3.0 (formación de alumnado para liderar iniciativas culturais entre os mozos), LOVA (a ópera como vehículo de aprendizaxe). A nosa Biblioteca, núcleo dinamizador de proxectos, pertence á Rede de Bibliotecas escolares de Galicia. Tamén se suman ao noso traballo iniciativas privadas como VOZ NATURA desde a Fundación Santiago Rey Fernandez-Latorre, a Fundación Barrié de la Maza coa liga MAKER DRONE e o Torneo de Debate Académico, a Fundación CVE coa organización de UNESMUN (modelo da Nacións Unidas para escolares), a Unión de cooperativas galegas co Foro intercomunitario de Investigación xuvenil, o Parque Tecnolóxico de Galicia coa feira de proxectos GALICIENCIA, as plataformas eTwinnning da Comisión Europea e TEACHERS for FUTURE e a campaña da Unión Europea “5 ao día” que converte o noso comedor nunha aula de aprendizaxe imprescindible para enriquecer o noso labor e compromiso coa LOMLOE.

Módulos de enriquecemento

 Unha boa parte da nosa experiencia parte do traballo cos MÓDULOS DE ENRIQUECEMENTO desde o 2013, cuxo obxectivo principal é que os nosos alumnos desenvolvan produtos ou servizos dirixidos á solución de problemas do mundo real. Este curso 22-23 e en horario lectivo ofrécense na ESO 16 módulos distintos: Radio na Biblio, Club de lectura, Oradores, Obradorio de Sons, Laboratorio de científicos, Máis de Nós, Desafía a túa mente, Horta, Robótica, Artellando, Teatro, Construíndo a historia, Liña do tempo, Estamos na Biblio, Voilà lle francais!, Alternativ@s. Para INFANTIL ofrécense 3 módulos: Lingua de signos, Minichefs, Pequenos investigadores e para PRIMARIA 12: Ioga e Mindfulness, MeteoPondal, Pequenos oradores, Teatring, Scratch, Tecidos, On Fit, Upcycling, PhotoSteam, English Club, Pequenos científicos e Club de lectura.   

Existe na comunidade educativa a forte crenza de que os pequenos cambios levan a grandes transformacións. Arranca un ano máis para crecer xuntos, imos por el!