‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’. Así se chama esta mestura de teatro, música e fútbol para todos os públicos. Nesta fin de semana (12 e 13 de novembro), o Teatro Afundación acollerá a obra potagonizada por Xosé A. Touriñán e que xorde da última investigación de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol profesional.

Tras o éxito de Fariña, Recortes repite a xogada. Ainé Producións

Este novo libro do xornalista coruñés aínda non está nas librarías, pero si nos escenarios, contando o máis descoñecido do deporte rei baixo a dirección de Tito Asorey. O encargado de adaptar os textos para o teatro foi José L. Prieto, con quen se completa o equipo que xa foi responsable do éxito de Fariña, o espectáculo teatral.

O elenco

Capitaneado por Touriñán, este equipo de primeira está conformado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta. Seis intérpretes, pero infinidade de personaxes: xogadores, adestradores, directivos, seareiros, xornalistas…

Compra tus entradas


12 y 13 de noviembre - Teatro Afundación Vigo
Comprar

Este innovador espectáculo conxuga dous tipos de entretemento que semellan moi afastados entre sí, pero que atrae ao teatro a un novo perfil de público.

Con todo, dende Ainé Producións recordan que Recortes non é só para quen lle guste o fútbol profesional, senón que todo o mundo pode desfrutar das historias, da música, e das súas reflexións: sobre o mundo do fútbol profesional e sobre as pulsións humanas e sobre como somos como sociedade.

Esa producción estreada en setembro no Salón Teatro de Santiago, comeza a súa xira oficial por Galicia, clausurando coas localidades esgotadas a XXXI Edición do FIOT en Carballo.

Chega por fin a Vigo tras pasar por Ourense e antes de continuar por Pontevedra, Cangas, Vilagarcía… O calendario completo e a venda de entradas xa están dispoñibles na web principal do espectáculo e nas redes sociais de Ainé, onde podes seguir a actualidade deste e outros espectáculos teatrais.