Un ano máis, a Asociación de Comerciantes e Empresarios Emgrobes prepara unha serie de actividades veciñais para enmarcar na Festa do Marisco. E o fan con voltas moi esperadas, coma a da Feira de Oportunidades Grovestock, que debido a pandemia levaba dous anos sen celebrarse.

Comercio local da man de Grovestock

E é que, un ano máis, a Emgrobes quere aupar o comercio local e axudar a aqueles que teñan excedentes de productos e queiran desfacerse deles a través desta sonada feira de oportunidades. Durante a próxima fin de semana, nos días 9, 10 e 11 de outubro, os máis de 15 stands participantes estarán situados no aparcamento do porto de O Grove, na praa do Corgo.

A edición de Grovestock de 2016 MIGUEL MUNIZ DOMINGUEZ

Abrirán ao público cun horario de 11 a 22 horas, de xeito ininterrumpido, en xornadas continuas onde ofrecerán, tanto a veciños como a visitantes, ofertas de saldo en calzado e textil para nenos e adultos, produtos de artesanía galega, óptica, complementos... e moito máis.

XIV Edición da Cociña do Mar

E, simultáneamente, a asociación leva xa unha boa tempada preparando a clásica Cociña do Mar, un evento indispensable destas Festas do Marisco. Dende 2009, estas xornadas gastronómicas se celebraron de forma ininterrumpida, grazas a organización de Emgrobes en colaboración coa Xunta de Galicia.

Boga, congrio e navallas na XIV Edición da Cociña do Mar Cedida

A xornada ten como obxectivo promocionar os productos do mar, especialmente aqueles menos usuais nos nosos fogóns.

Tras dous anos celebrándose no mirador da Lonxa da Cofradía de Pescadores San Martiño (un cambio obrigado ao non celebrarse a Festa do Marisco debido á pandemia), regresa á Carpa Institucional da Festa o día 10 de outubre as 17:30 h.

Un momento das Xornadas de 2021, co chef Rafa García FdV

Unha cita con cociña en vivo, degustacións e show cooking, este ano protagonizada por Miguel Barreiro, do restaurante La Posada, Marcos Otero, de Afuego, e Alejandro Laíño, da Muiñada de Barosa. Os tres realizarán unha demostración de tres recetas, cada unha elaborada cos mellores produtos, como son a boga, o congrio e as navallas.

A idea é non só destacar a súa calidade e sabor, senón tamén o seu carácter saudable.

E precisamente, para tratar ese último punto, os cociñeiros contarán coa axuda incondicional do coñecido Ignacio Balboa, doutor experto en saúde que, como leva facendo varios anos nesta cita, conducirá e presentará as xornadas.

Receta con muxonas xornadas de 2021 FdV

Os asistentes á XIV Edición da Cociña do Mar poderán degustar os pratos que preparen estes cociñeiros, mariñados, como non podía ser doutro modo, con viño da D.O. Rías Baixas, tanto do propio Consello Regulador como das Bodegas Paco e Lola e Santiago Roma.