Grupo Vilariño nace en febreiro do ano 2003 cun obxetivo claro: convertirse nunha empresa referente no mundo da construcción. Ao longo destas case duas décadas de traxectoria, apostan por ofrecer un servizo de calidade, contribuíndo así ao desenvolvemento económico e social dos numerosos países donde están presentes.

Grazas a un equipo técnico e humano excepcional cunha ampla experiencia en todos os eidos da construcción, destacan os seus traballos nos sectores da Obra Civil, Edificación e Urbanización, sen esquecer en ningún momento os máximos estándares de seguridade e calidade esixidos polos seus clientes. Canalizacións, pavimentacións, movementos de terras, estructuras de hormigón armado, viaductos, pasos superiores e inferiores, e revestimentos de túneis, entre outros, son algunhas das suas areas de especialización. Realizan ademáis proxectos de edificación industrial e habitacional, sexa cal sexa a súa natureza.

Presenza internacional

Dous continentes, 8 países, máis de 1.000 proxectos realizados e máis de 2.000 traballadores en todo o mundo, convirten a Grupo Vilariño nunha das empresas referentes do sector. Na actualidade, desenvolve proxectos en España, México, Guatemala, Colombia, Portugal, Eslovaquia, Estados Unidos ou Alemania. Con empresas dentro do grupo tan potentes, como VILAPE e SIFEM entre outras, Grupo Vilariñoconsigue optimizar proxectos constructivos a través dunha constante innovación e unha ampla capacidade tecnolóxica aplicada en cada un dos traballos levados a cabo.

Hai tres anos e ante máis de 200 convidados do sector empresarial, político e social da Comarca de Deza, Grupo Vilariño inauguraba o Centro de Negocios Lalín, no Polígono Lalín 2000. O centro conta con oficinas físicas, virtuais e salas de reunións para autónomos, emprendedores e empresas da zona, e foi executado nun 95% por diversas firmas locais.