Fundada no ano 2010, Mas Espacio 2010 S.L. é unha empresa adicada ao interiorismo, adoptando como política, a relación coa clientela e a calidade dos seus traballos. O seu obxetivo está claro: dar forma as ideas de cada cliente e levar a cabo a obra de forma eficaz e precisa, cumplindo os prazos establecidos.

Proxectos galardonados executados por Mas Espacio 2010 SL. Cedida

Premios

En pouco máis dunha década, a firma lalinense acumula unha traxectoria na construcción en seco avalada con premios tan relevantes como o XII Trofeo Internacional Saint-Gobain. Trátase dun recoñecemento froito do traballo dos excelentes profesionais que conforman a sua plantilla e que, na actualidade, seguen a xerar un enorme capital humano que lle aporta á empresa un valor engadido, convertíndoa nun valor de mercado cada vez máis forte, diferenciada e con maior proxección de futuro. O proxecto grazas ao cal conseguiron o galardón foi o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 (Xunta de Galicia–Consellería de Presidencia), ubicado en A Estrada, elaborado polo arquitecto Javier Suances Matáis “y magistralmente ejecutado por la empresa instaladora Mas Espacio 2010”, tal como se recolle na distinción.

O pasado mes de abril chegaba outro importante recoñecemento, desta volta grazas aos traballos da firma dezá na construcción da nova sede de Clínica Deza, nas instalacións do Centro Comercial Deza, en Lalín. Mas Espacio 2010 S.L. acadaba o Trofeo Golden Gypsum na categoría de sector comercial. Este galardón recoñece a profesionalidade na execución dos proxectos constructivos realizados con sistemas Placo® e ISOVER en diferentes categorías.