Dentro das súas areas de especialización, Iglecar Auto SL -con sede no Polígono Industrial Lalín 2000- son especialistas en reparacións de averías electrónicas así como a incorporación de novos métodos en chapa e pintura, a compravenda de vehículos seminovos ou de quilómetro cero, sempre cos prezos máis competitivos do mercado.

Nunha constante posta ao día polas esixencias do mercado, Iglecar Auto SL tamén dispón de vehículos híbridos, un tipo de automóbil que segue a coller forza na nosa comarca. Tal como aseguran dende a dirección da empresa lalinense, este tipo de vehículos está experimentando un incremento de ventas considerable.

A Estrada

Desde o pasado mes de abril. Iglecar Auto SL conta cunha nova exposición en A Estrada. Neste caso, a oferta céntrase nos vehículos de kilómetro 0, nun espazo dirixido por Iago Iglesias, fillo de José Iglesias, o propietario do concesionario dezán. Esta ampliación do negocio familiar débese ao gran número de clientes na capital estradense que recibiron no seu local de Lalín nos derradeiros anos. Esto, unido a que non hai máis centros Kia na zona, levou aos Iglesias a apostar por esta nova aventura empresarial.