Moito ollo porque chega unha fin de semana para non perdela co que promete convertirse no gran evento do mes de setembro por excelencia. Non en van, a primera edición de Ferve Estrella Galicia herda o espíritu popular da Festa da Colleita para combinar a cultura de cervexa, a gastronomía e a música cun carácter de romería moderna.

O acceso ao evento será gratuito e os prezos dos petiscos de autor e das consumicións serán populares. Tamén a asistencia a concertos e charlas, así como a talleres e showcookings, previa preinscripción

A Alameda de Pontevedra acollerá o 16, 17 e 18 de setembro a primera edición de Ferve Estrella Galicia, un evento/festival que xunta música, cultura, artesanía e gastronomía e que contará con chefs do talle de Javi Olleros, Pepe Vieira ou Pepe Solla e artistas de renome para pór en valor o potencial do talento e o produto galego, apostando polo orgullo de orixe a través da reflexión e o diálogo.

Haberá degustación de petiscos de autor e cervexa, showcookings, talleres, postos de artesanía de Galicia e de produtores que participan no Mercado da Colleita.

Os asistentes que desexen confirmar a súa asistencia a este evento de entrada libre, recibirán a cambio unha caña como premio nunha das barras Estrella Galicia do evento. Xa podes inscribirte!

Un total de catorce novos chefs, unha nova incorporación musical, cinco talleres e a presentación das Ferve Talks compoñen as novas confirmacións deste novo cartel que se fará realidade grazas a Estrella Galicia e Xacobeo 21-22.

Como novidade, os asistentes que desexen confirmar a súa asistencia a este evento de entrada libre, recibirán a cambio unha caña como premio nunha das barras Estrella Galicia do evento. Xa podes inscribirte no seguinte formulario: https://my.weezevent.com/estrellagalicia-ferve

16 · 17 · 18 SETEMBRO

Alameda de Pontevedra. Cultura de cervexa | Cociña | Charlas | Música | Talleres | Showcookings | Mercado CONSIGUE TU ENTRADA GRATIS

Guadi Galego únese a Baiuca ou Xoel López

No repertorio musical, Guadi Galego, unha das artistas galegas máis relevantes da escena galega actual, únese a Baiuca, Marilia Monzón, Xoel López e a Banda de Late Motiv para darlle vida ao evento da maneira máis melódica posible.

En Ferve, a artista galega volve a unha cidade que coñece moi ben e que a acolle cos brazos abertos en cada unha das súas visitas. Esta vez bailaremos ao ritmo clásicos e novas cancións por igual.

FERVE contará cos chefs galegos Javi Olleros, de Culler de Pau; Pepe Solla, de Casa Solla; e Pepe Vieira como grandes anfitrións. Estrella Galicia

Novas confirmacións gastronómicas

As novas confirmacións de chefs en Ferve completan unha programación gastronómica de impacto, que xa contaba previamente cos chefs galegos Javi Olleros, do restaurante Culler de Pau (dúas Estrellas Michelin), Pepe Solla, de Casa Solla (unha Estrella Michelin) e Pepe Vieira, do restaurante Pepe Vieira (unha Estrella Michelin) como anfitrións. 

Incorpóranse ao cartel Estrellas Michelin de fóra de Galicia. É o caso de Víctor Martín, propietario do Restaurante Trigo en Valladolid, coñecido pola súa cociña contemporánea de base tradicional, e Alejandra Herrador e Emanuel Carlucci, propietarios do Restaurante Atalaya (en Alcossebre, Castellón), característico pola súa cociña creativa, dinámica e libre de ataduras.

Dende a cidade de Ourense, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, parella saída entre os fogóns da Casa Solla, virán en representación da súa cociña aberta e natural do seu restaurante Ceibe

Beatriz Sotelo, un dos nomes femininos máis relevantes da gastronomía galega, adícase á formación de novas xeracións de cociñeiros, a xestión de eventos e outros servizos persoalizados. 

Descubrimos tamén aos cociñeiros e cociñeiras que representarán ás asociacións de cociña de Galicia, como o grupo NOVE con Yayo Daporta, que trae a súa cociña galega actualizada con guiños a produtos doutras zonas ou Javier R. Ponte (máis coñecido como Taky), xefe de cociña no Catering Boketé. 

A xornada inaugural do venres contará con representantes da Banda de Cociñas de Pontevedra: Rubén González (El Cafetín, Pontevedra), Marta García (Meigas Fóra, Pontevedra), Vicente Tortajada (La Culpa de la Gula, Pontevedra) e Marta Santiago (A Fervella, Pontevedra). 

Begoña Vázquez Gago, co seu Regueiro da Cova, traeranos a súa cociña tradicional e de produto con toques actuais, en representación de Ourense Cociña

Adrián Felípez (Miga, A Coruña) representará a Coruña Cociña, Toño Lorenzo (A Faragulla, Chantada) a Lugo Cociñeiros e Carlos Gea (Living, Vigo) á asociación Vigo Gastronómico.

Así mesmo, todos eles compartirán espazo cunha listaxe de chefs de renome previamente confirmados, como Vicky Sevilla, Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Ignacio Echapresto, Xanty Elías, Diego Guerrero, Héctor López ou Juliano Valese, entre moitos outros. 

Chegan as ‘Ferve Talks’


Por outra banda, Ferve presenta por primeira vez na súa programación as Ferve Talks, moderadas pola periodista Teresa Cuíñas. Un conxunto de charlas que reunirán a cociñeiros e expertos doutras disciplinas para poñer sobre a mesa preguntas sobre o futuro, a sociedade e a sostibilidade a través da cociña. Estas charlas, que estarán abertas ao público, serán as seguintes:

  • Comedores comunitarios: A revolución ecolóxica na cociña de colectividades” celebrarase o sábado 17 de setembro ás 19:30h, impartido por Javi Olleros, Xanty Elías, Javier R. Ponte “Taky” e Yayo Daporta. Con ela, preténdese amosar que o traballo por unha revolución verde de calidade e proximidade nos comedores é un compromiso ético coa alimentación dos colectivos máis vulnerables.


  • Gastro+Ciencia: Entender o valor do que comemos” será o sábado 17 ás 12:00h, impartido por Pepe Solla, protagonista do documental Gastro(e)Ciencia, Misión Biolóxica de Pontevedra (CSIC) e Ana Lage (meteoróloga en MeteoGalicia). Nesta charla destacarase a importancia da figura do científico para avanzar no coñecemento e protección das nosas variedades, e tamén a do produtor e cociñeiro, que xogan un papel esencial para levar os achados científicos e biolóxicos á práctica e alcanzar a todos os públicos coa súa capacidade de comunicación. 

 

  • Cociña de aldea: O restaurante como axente de cambio na comunidade rural” será o domingo 18 ás 12:00h, e impartirase por Pepe Vieira, Ignacio Echapresto (Venta de Moncalvillo) e Vicky Sevilla (Restaurante Arrels). Nela, analizarase o impacto que un restaurante implantado nunha pequena localidade pode chegar a ter para a comunidade, os produtos locais e o turismo. 


Talleres abertos ao público

FERVE contará con oito tipos de talleres nos que o público pode participar previo rexistro na web. Son:

  • Os Talleres de Galicia Calidade son dous showcookings duración de 40 minutos e con rexistro online requirido para a degustación, contarán cun total de 20 prazas cada un e terán lugar o sábado 17 de setembro ás 12:00h (impartido por Héctor López) e o domingo 18 de setembro ás 12:30h (impartido por Iñaki Bretal). Os pratos elaborados polos cociñeiros con produtos de Galicia Calidade virán ademáis maridados con cervexas.
  • A que soa a túa cervexa?, un taller que aúna música e cata durante 45 minutos de duración e con rexistro online requirido, terá lugar en dúas sesións durante o sábado 17 de setembro, unha ás 11:30h e outra ás 12:30h, ambas impartidas por Victor Mantiñán.
  • En Tiraxe de cervexa by MEGA, onde poderás aprender a tirar a túa propia cervexa baixo o servizo de Estrella Galicia, realizarase o sábado 17, de 12:00h a 14:00h e de 19.30h a 22:00h, e o domingo 18, de 12:00h a 14:00h. Contará cun total de 30 prazas baixo inscrición no propio evento.
  • En Como se fai La Estrella de Galicia, a nosa receita orixinal o público gozará dunha visita virtual á fábrica de Estrella Galicia para ver como se elabora a cervexa, probar materias primas, servila e terminar gozándoa como o faría un mestre cervexeiro. Contará con 5 turnos o sábado 17 e de dous turnos o domingo 18. Un taller con 10 prazas cunha duración de 15 minutos.
  • No xogo de Cata a cegas con Cervexas 1906 o público poderá catar as catro variedades da gama de cervexas 1906 e demostrar os seus coñecementos diferenciando unhas doutras nun formato para 20 persoas cunha duración de 30 minutos que terá lugar o Sábado 17 de setembro en 4 quendas: 11:45 – 12:45 – 19:30 – 21:30 e o domingo 18 de setembro ás 12:15.
  • No Roteiro da Colleita by MEGA trasládase a experiencia MEGA a FERVE. Un roteiro guiado a través das materias primas, a elaboración e o servizo de cervexa. Terá lugar o Sábado 17 de setembro en 6 quendas: 11:30, 12:15, 13:00; 20:30, 21:15, 22:00 e o Domingo 18 de setembro en 3 quendas: 11:30, 12:15, 13:00. 15 prazas / 30 minutos. 
  • No Taller Desperdicio Zero by Diego Guerrero, o público asistente disfrutará dun Showcooking maridado con cervexa no que o chef creará diversos platos a partir dunha serie de cervexas. Celebrarase o sábado 17 de setembro ás 13:00h e será un taller de 40 minutos que contará con 20 prazas.