O Concello de Valga puxo este ano a disposición da festa gastronómica uns 600 kilos deste peculiar peixe, que se serviran na localidade no marco da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País ata este domingo. Obradoiros de cociña, degustación popular, e roteiro de tapas nos establecementos hosteleiros da vila, son o destino desta máis de media tonelada de anguía.

É precisamente a “IX Ruta Concurso Tapa a Anguía” un dos principais atractivos deste certame gastronómico. Un total de 10 establecementos hostaleiros elaboran os pinchos que entregan gratis aos seus clientes con cada consumición. A ruta, que comezou durante a fin de semana pasana, prolóngase ata este domingo nos bares Pardal, Praia Fluvial de Valga, Caprichos, Maneiro, Potel, O Pontellón, Couceiro, Auditorio, Comparada e Alba. Os negocios participantes ofrecen así a los clientes a oportunidade de votar para elexir la mellor tapa –entrando así no sorteo de vales de compra–. O Concello de Valga anima a veciños e veciñas a participar, ao tempo que ofrece un gran atractivo aos turistas chegados de toda a xeografía, promocionando un dos seus produtos estrela e incentivando ao consumo na hostalería local. Na degustación de mañá, día 27, no Parque Irmáns Dios Mosquera, as tapas de anguía estarán á venda ao prezo de 1,50 euros a unidade, anunciándose a elaboración dun total de 1.400 pinchos con seis receitas diferentes.

Programa de festas

Venres, 26

20:00 horas: Presentación da botella conmemorativa da XXXII Mostra da Caña do País.

20:15 horas: Cata final do Concurso Tradicional da Caña do País, no Centro de Interpretación da Caña

Sábado, 27

De 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas: IX Ruta “Tapa a Anguía” nos bares Pardal, Praia fluvial de Valga, Caprichos, Maneiro, Potel, O Pontellón, Couceiro e Auditorio.

16:00 horas: Festa infantil con xogos e inchables no Parque Irmáns Dios Mosquera

17:00 horas: Demostración de destilado tradicional da augardente no Centro de Interpretación da Caña.

19:00 horas: Recepción de autoridades na Casa do Concello.

20:00 horas: Pregón a cargo do historiador Anxo Rodríguez Lemos, gañador do Premio Xesús Ferro Couselo 2022.

20:15 horas: Entrega de premios aos gañadores dos concursos “Valga. Anguía, caña e camiño”, Concurso da Caña do País, Embelecer Valga, Concurso do cartel anunciador, Tapas gañadoras da Ruta-Concurso Tapa a Anguía, vales de compra da Ruta “Tapa a Anguía.

20:45 horas: Actuación da Banda Municipal de Valga.

21:30 horas: Degustación de tapas de anguía e cócteles feitos con caña do país.

22:30 horas: Actuación da orquestra Alkar.

00:00 horas: Queimada popular con conxuro a cargo de Troula Animación.

00:30 horas: Espectáculo de fogos e luces. Actuación das orquestras Panorama e Alkar..

Domingo, 28

De 12:00 a 15:00 horas: IX Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” nos bares Pardal, Praia fluvial de Valga, Caprichos, Maneiro, Potel, O Pontellón, Couceiro e Auditorio.